Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia

sáb02maiConsultarlun01xuñPrimavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de GaliciaTurismo de Galicia(Consultar) Rutas dos Viños de Galicia -

Detalles do Evento

Primavera de Portas Aberta nas Rutas dos Viños de Galicia celebra unha nova edición, confirmando a aposta de Turismo de Galicia polo enoturismo e as propostas singulares e auténticas.

14 edición desta iniciativa está organizada pola Xunta de Galicia en colaboración coas Asociacións das Rutas dos Viños das cinco Denominacións de Orixe galegas: Monterrei, Valdeorras, Rías Baixas, O Ribeiro e Ribeira Sacra. 

Cada unha destas denominacións será protagonista nunha das fins de semana de maio. Así, a Ruta do Viño de Monterrei amosará a súa oferta do 2 ao 4 de maio, mentres que a de Valdeorras o fará do 9 ao 11. As adegas das Rías Baixas centrarán o interese entre o 16 e o 18. A Ruta do Viño de Ribeira Sacra percorrerase do 23 ao 25. Pecha o calendario a Ruta do Viño O Ribeiro, con actividades do 30 de maio ao 1 de xuño.

Nesas datas, as persoas que se acheguen a cada destino poderán coñecer as 62 adegas participantes, a través das visitas guiadas e gratuítas ás instalacións. Ademais, hai distintas propostas de actividades, como catas e degustacións, visitas a museos e centros de interpretación relacionados coa viticultura, rutas históricas ou pola natureza, paseos en barco, obradoiros, concertos etc.

Repiten os Buses do Viño, con 35 itinerarios en total e saídas desde Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Lugo, Ferrol e Ponferrada. A programación completa está dispoñible a través da páxina turismo.gal.

Hora

Maio 2 (Sábado) - Xuño 1 (Luns)

Localización

Rutas dos Viños de Galicia

Está pasando!