© Carla d’ Pont

Proxecto VITA: visibiliza o teu talento

Proxecto VITA: visibiliza o teu talentoformación para emprendedor@s de PoioDurante todo o ano (2023) Concello de Poio - Poio

Detalles do Evento

Co obxectivo de promover e potenciar o emprendemento no municipio de Poio, a Concellería de Promoción Económica pon en marcha o programa VITA, un sistema de formación con acompañamento para persoas con negocios.

A través do programa VITA preténdese sentar bases para o desenrolo dunha actividade sostible creando novas oportunidades profesionais a través da creación dunha rede de persoas emprendedoras no Concello de Poio mediante un programa de oito meses de duración.



O programa, impartido por Carla d´Pont, divídese en varias fases, como son a implantación das bases do negocio online e a creación dunha marca, o desenrolo de visibilidade a través da aprendizaxe da escritura de articúlaos con nocións de SEO ou a resolución de dúbidas sobre o negocio de marca persoal mediante a creación de redes e conexións profesionais.

Carla d´Pont, é doutora en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Vigo e conta con máis de oito anos de experiencia internacional en comunicación e ventas en Austria.

No último ano asesorou e formou a máis de setenta persoas que emprendían proxectos e máis de 7 países. Ademais participou activamente en comunidades de mulleres impartindo formación sobre negocios dixitais e marca persoal.

Vita contará con vinte prazas de carácter gratuíto, e as inscricións poderanse facer no teléfono 986 770 001 ext. 1260 ou no correo promocioneconomica@concellopoio.org

Hora

Durante todo o ano (2023)

Localización

Concello de Poio

Está pasando!