VII Andaina Saudable e Solidaria 2023 | © Asoc. Mulleres Rurais De Castrelo ‘As Saiñas’

VIII Andaina Saudable e Solidaria en Cambados

mér01mai17:00VIII Andaina Saudable e Solidaria en CambadosAsociación Mulleres Rurais de Castrelo ‘As Saiñas’17:00 Concello de Cambados - Cambados

Detalles do Evento

Dende a Asociación Mulleres Rurais de Castrelo ‘As Saiñas’ de Castrelo-Cambados, convídanos a participar na VIII Andaina Saudable e Solidaria 2024, que transcorrerá pola costa, nun marco incomparable, o Complexo Intermareal do Río Umia.

Este ano, dirixiranse novamente os esforzos cara a Fundación Andrea, de Santiago de Compostela (axuda a nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais), e estaremos acompañados por Amaya Castro, directora da Fundación.

É unha andaina de libre acceso para todos os públicos, completamente gratuíta; na entrega do dorsal, disporemos dun peto onde se poderán facer donacións que serán entregadas na súa totalidade á Fundación Andrea. Ao finalizar a camiñata, cada participante será agraciado cunha froita e unha botella de auga.



O evento celebrarase o próximo mércores, día 1 de maio, festivo nacional, as 17:00 horas no Campo de Fútbol Beiramar, Castrelo-Cambados (Pontevedra) e contará coa presenza da presentadora galega do programa da TVG ‘Xente maravillosa’ Lucía Rodríguez, que será a madriña do evento.

Trala andaina de +-9 km, continuaremos cunha xornada de esparcemento, na que haberá varios sorteos, inchables para os peques, photocall, contaremos coa cantina do Club Fútbol Veteranos de Castrelo, todo isto presentado e amenizado polo polifacético Iván Tourís.

Hora

(Mércores) 17:00

Localización

Concello de Cambados

Está pasando!