O Café Moderno Afundación de Pontevedra presenta a exposición “Castelao grafista (facsímile)”

24 Setembro 2020

Caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico, político. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, A Coruña, 1886 – Bos Aires, 1950) constitúe o foco desta mostra que reúne unha ampla selección das múltiples facetas desenvolvidas por el. A intención deste proxecto é divulgativa, amosando a obra e o pensamento dun dos creadores galegos máis singulares, en países dos cinco continentes.

Do 24 de setembro ao 23 de xaneiro de 2021, goza da exposición nun dos edificios históricos de Pontevedra, o Café Moderno Afundación, onde o político e artista desenvolveu moitas das súas famosas tertulias canda figuras do talle de Alexandre Bóveda ou Paz Andrade.

Horario:

  • Luns a venres de 17.30 a 20:30 h.
  • Sábados de 11:0 a 14.00 h. e de 17:30 a 20.30 h.
  • Domingos e festivos pechado.

Visitas guiadas inaugurais a cargo do comisario Miguel Fernández-Cid, o 24 de setembro, ás 18.00 e ás 19.30 h (COMPLETA). Asistencia gratuita previa inscrición aquí.

Visitas guiadas o 1 de outubro, 5  de novembro, 3 de decembro e 7 de xaneiro, ás 18.00 e 19.30 h. Asistencia gratuita previa inscrición aquí.

Exposición con todas as medidas de seguridade pertinentes para que poidas volver gozar da arte e a cultura como o fixeches sempre.

Esta exposición, producida en colaboración coa Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia, sae á luz neste 2020 en el que se celebra o Centenario da Xeración Nós. O colectivo galeguista impulsou a partir de 1920 unha nova forma de analizar e exhibir a nosa cultura a través de modelos universalistas, renovando a estética ideolóxica e actualizando o uso da lingua en novos campos literarios coma o ensaio. Castelao, canda Otero Pedrayo, López Cuevillas e Vicente Risco foron os impulsores deste movemento renovador.

A mostra reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte ABANCA. Así e todo, no Café Moderno Afundación poderanse ver 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas. Ademais, poderase ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.

ESCOLARES

A historia con debuxos cóntase mellor. Visita-conto con obradoiro. Educación Infantil a 3º de Primaria

Pluma, papel, creatividade. Visita taller. 4º de primaria a 2º de ESO

Castelao Grafista. Visita taller. 3º e 4º de ESO, bacharelato e CF

MEDIDAS DE PREVENCIÓN COVID

-Asistencia obrigada con máscara

-Control da capacidade
-Itinerarios e percorridos marcados para fluidez de público
-Xel hidroalcólico en múltiples puntos dos edificios e salas
-Desinfección rigorosa de espazos
-Substitución de elementos táctiles e de man (pantalla, interactivos, folletos) por outros elementos audiovisuais que non requiren de contacto físico
-Supervisión en sala por parte de persoal para o cumprimento da distancia de seguridade

Está pasando!