O Teatro Principal de Pontevedra acollerá a estrea do documental “Tras o Colón Galego, de Pontevedra ao Novo Mundo”

24 Novembro 2020

O Teatro Principal de Pontevedra acollerá a estrea de “Tras o Colón Galego, de Pontevedra ao Novo Mundo”, documental que recolle todas as teses e teorías que fan pensar que o navegante e explorador Cristóbal Colón era natural de San Salvador de Poio.

A peza documental, guionizada polo presidente da Asociación Cristóbal Colón Galego, Eduardo Esteban, foi dirixida e editada por Anxo Peláez e Fernando Portela. O documental está financiado polo Concello de Pontevedra, o GALP (Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro) Ría de Pontevedra e tamén pola Xunta de Galicia.

Se queres ir á estrea o venres 4 de decembro ás 20:00 h. debes enviar un correo a porte@imaco.es

A entrada é de balde e por estrita orde de inscrición. Haberá un aforo máximo de 30 persoas.

Está pasando!