Manu Lourenzo e Rosana Martínez Boullosa presentan o programa ‘Novas Sendas’ | Concello de Soutomaior

O programa ‘Novas Sendas’ regresa a Soutomaior cunha ampla oferta formativa

23 Xaneiro 2026

Este programa ten como obxectivo a formación en diferentes ámbitos, pero nesta ocasión, ademais de cursos habituais, estará moi centrado nas novas tecnoloxías e tendo a IA moi presente.


O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e a concelleira de mocidade, Rosana Martínez Boullosa, presentaron nesta xornada unha nova edición de ‘Novas Sendas’, un programa que forma parte da planificación estratéxica municipal de desenvolvemento local, no eido socio-formativo-laboral, para o ano 2026.

As inscricións para todos os cursos deste programa serán todas en liña a abriranse o luns 26 de xaneiro ás 9:30 horas en soutomaior.gal

Trátase dun programa que busca autonomía a través do emprego e a formación complementaria, que ten unha continuidade na planificación municipal e que inclúe accións formativas destinadas á formación para o emprego, á formación continua-reciclaxe, á adquisición de novas competencias, á formación permanente e ao longo de todas a vida das persoas.

Un programa destinado a toda a veciñanza, con cursos para os máis novos e tamén para os nosos maiores.

Un programa que conta cos seguintes cursos:

  • Competencias dixitais avanzadas
  • IA coñece esta nova aliada
  • Domina a IA para multiplicar contido e minimizar o teu esforzo
  • IA Aprende unha nova linguaxe
  • Protección fronte as pantallas
  • Autonomía dixital. Os teus primeiros pasos para trámites e conexión dixital
  • Curso de escaparatismo
  • Creación de contido con intelixencia artificial
  • Carretas elevadoras
  • O meu móbil, a miña ventana ao mundo dixital
  • Fai crecer a túa marca dixital
  • Intelixencia na procura de emprego
  • Manipulación alimentos;
  • Aplicación de productos fitosanitarios nivel básico
  • Aplica a intelixencia artificial no teu negocio
  • Ciberseguridade práctica. Blindando a túa vida dixital
  • Iniciación ao mundo dixital

Con este Programa Municipal de Formación para a adquisición de competencias para a vida dende o Concello de Soutomaior teñen como obxectivo mellorar a empregabilidade e facilitar a inserción no mercado de traballo das persoas desempregadas do municipio e tamén axudar ao crecemento intelixente, sostible e integrador do municipio.

O Concello de Soutomaior proxecta desenvolver durante o ano 2026 este programa para que as persoas teñan oportunidades e poidan dar resposta aos desafíos que se lles presentan no actual contexto, para o cal ofrecen unha ampla e variada oferta formativa que se desenvolverá nesta fase ao longo dos meses de febreiro a xuño.

Está pasando!