Presentación da Costa Atlántica MTB | © Concello de Pontevedra

A proba ciclista Costa Atlántica MTB rompe o seu teito e contará con 250 participantes na súa saída

11 Abril 2024

A cita deportiva desenvolverase ao longo de tres días, o 12, 13 e 14 de abril, con tres circuítos diferentes que van desde a propia cidade de Pontevedra até outros municipios da comarca


A combinación entre turismo e deporte que propón a Costa Atlántica MTB promete ser de novo un éxito esta fin de semana. A proba ciclista, que se desenvolverá os días 12, 13 e 14 de abril xuntará a 250 inscritos nesta edición, case duplicando á anterior.

A Costa Atlántica MTB Tour, é unha competición por etapas de bicicleta de montaña onde os participantes gozarán de 3 etapas distintas: unha crono nocturna e dúas etapas maratón.

A proba ten un formato challenge, o que quere dicir que cada etapa se disputa de xeito independente, polo que aínda que un participante/parella non finalice algunha das etapas, si poderán disputar o resto. Se un participante/parella, non finaliza unha etapa, na xeral computarase na nomeada etapa o tempo do último participante/parella.



A presentación desta cita deportiva realizouse este mércores desde o Concello de Pontevedra, contando coa presenza da edil de Deportes, Anabel Gulías, o vicepresidente da Deputación, Rafael Domínguez; e o representante de Global DXT, Josevi Cimadevila.

Desde a organización da proba agradecéronlle ao Concello de Pontevedra o seu apoio á hora de poñer en marcha esta proba e sinalou que esta será unha proba de tres días «que percorrerá varios municipios da comarca de Pontevedra» e que contará cun circuíto «espectacular», combinando zonas urbanas e rurais.

A concelleira de Deportes, Anabel Gulías, explicou quixo ofrecerlle os seus parabéns a Global DXT por levar a bo porto esta Costa Atlántica MTB, e por lograr xa non só apoio das institucións públicas, senón tamén lograr o apoio de «tantos patrocinadores privados». «Temos que seguir explotando o turismo deportivo. O deporte é un recurso nesta cidade e así o cremos no Concello de Pontevedra. É un recurso económico fundamental, Alén dos seus beneficios para a saúde», explicou.


Está pasando!