This is a repeating event

XII Festa do Viño Espumoso de Galicia en Salvaterra de Miño

ven04decConsultarXII Festa do Viño Espumoso de Galicia en Salvaterra de Miño4, 5 e 6 de decembro de 2026(Consultar: venres) Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

A XII Festa do Viño Espumoso de Galicia, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de decembro, volverá converter o Concello de Salvaterra de Miño nun punto de encontro para poñer en valor os espumosos galegos, a gastronomía e a cultura.

A programación desta XII edición combinará a promoción e degustación de espumosos de Galicia cunha ampla proposta gastronómica e cultural. 

A música terá un protagonismo especial, coas actuacións de Meizoi, D’Crooners, Laura Marino & Iker Faure, Alteanos, Mambas Negras, Cadencia Rota, Urbano Cabrera e Somoza Trío, que poñerán a banda sonora ás diferentes xornadas da festa.

Ademais, o público poderá gozar dunha degustación de cócteles elaborados con espumosos, unha proposta para descubrir novas formas de desfrutar destes viños. Os máis pequenos tamén terán o seu espazo cun mega obradoiro de globoflexia, pensado para que as familias poidan participar e gozar da celebración.

Con esta nova edición, Salvaterra de Miño reafirma a súa aposta por unha festa que xa é unha referencia na promoción dos espumosos galegos e que une viño, gastronomía, música e lecer para todos os públicos, contribuíndo a dar visibilidade á riqueza vitivinícola de Galicia e a dinamizar o municipio.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño

Praza a Constitución, 1, 36450 Salvaterra de Miño

Está pasando!