CantArousa - II Encontro Coral Infantil de Vilagarcía

ven17abr17:30CantArousa - II Encontro Coral Infantil de VilagarcíaSesións ás 17:30 e ás 19:00 horas17:30 Auditorio Municipal de Vilagarcía - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

Vilagarcía celebrará o vindeiro venres, 17 de abril, a segunda edición do Encontro Coral Infantil CantArousa, un evento musical e educativo que reunirá a case cincocentos estudantes de 2º e 3º de Primaria de todos os colexios do municipio.

Todos os participantes levan preparando este multitudinario espectáculo músico vocal dende o pasado outono. Comezouse coas sesións formativas impartidas por Marina Penas aos profesores e profesoras de música dos centros de Primaria. Aí foi onde se elixiu o repertorio a interpretar, e a partir dese momento comezoua montaxe e o ensaio dos temas nas aulas.

Malia tratarse dunha coral, a función do CantArousa será moi dinámica, xa que as cancións contarán con coreografías e o acompañamento musical dos intérpretes do Conservatorio.

Terá unha duración de 45 minutos e será moi variada, incluíndo temas da tradición popular de diferentes países do mundo, música pop actual e títulos de coñecidos musicais. O canon do Congo ‘Banaha’, a canción infantil ‘La Sopa de Isabel’ ou o ‘A quién le importa’ de Alaska y Dinarama son algunhas das pezas que soarán o venres nas voces da gran coral do CantAarousa.

En previsión do numeroso público que está previsto que acuda a gozar desta actividade, realizaranse dúas funcións o mesmo venres, 17 de abril: ás 17:30 e ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal.

A entrada será de balde, previa retirada de invitación que os interesados, especialmente os familiares do alumnado, poderán obter nos propios centros educativos. De non esgotarse, os billetes restantes se poderán retirar os días 15 e 16 de abril pola tarde nas dependencias do Conservatorio, situado no Auditorio Municipal.

O CantArousa é unha proposta promovida pola Concellería de Educación que naceu co obxectivo de crear actividades pedagóxicas propias para a cidade.

O proxecto enmárcase na Programación Xeral do Conservatorio Profesional de Música e conta coa colaboración dos centros educativos do municipio, tanto públicos como concertados. A primeira edición celebrouse o ano pasado baixo o título ‘Vilagarcía medra cantando’ e foi todo un éxito.

Hora

(Venres) 17:30

Localización

Auditorio Municipal de Vilagarcía

Av. da Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!