'Contos coas chaves do tempo' en Sanxenxo

mar14mai18:30'Contos coas chaves do tempo' en Sanxenxo'sanxenxo fala'18:30 Concello de Sanxenxo - Sanxenxo

Detalles do Evento

Sanxenxo adica maio ao mes das letras, dentro do programa ‘Sanxenxo Fala’, cunha ampla axenda cultural onde a poesía, o baile, a música, o teatro e os contacontos convértense no epicentro da actividade.

O martes, 14, terá lugar o contacontos con Sole Felloza, ‘Contos coas Chaves do Tempo’, sobre Luísa Villalta, a autora homenaxeada co gallo das Letras Galegas.

Luísa Villalta foi poeta, dramaturga, ensaísta e tamén fixo incursións na narrativa. Nesta obra, Luísa conta unha historia marabillosa que pode acontecer hoxe e sempre. Poden dúas chaves, creadas por Merlín, salvar o mundo? Poden unha raíña, unha xograresa e unha criada, sobrevivir nun mundo de homes?
Abre a porta do conto e terás a resposta.

Este espectáculo, dirixido a público familiar (recomendado para crianzas maiores de 6 anos), dará comezo ás 18:30 horas, na Biblioteca de Portonovo, con entrada libre ata completar aforo.


Hora

(Martes) 18:30

Localización

Concello de Sanxenxo

Está pasando!