Proxección de 'Chinas' en Nigrán

xov23mai20:00Proxección de 'Chinas' en NigránCineclub Val Miñor Alice Guy20:00 Auditorio Municipal de Nigrán - Nigrán

Detalles do Evento

O xoves 23 de maio, o Cineclub Val Miñor proxectará ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Nigrán, a película ‘Chinas’, de Arantxa Echevarría (España, 2023), presentada e comentada polo profesor Alfonso Castaño Hernández.

Entrada libre ata completar aforo.



Nun colexio coinciden ao comezo de curso dúas nenas chinesas de 9 anos. Todo o mundo dá por feito que se farán amigas, pero absolutamente nada as une.

Lucía é segunda xeración de inmigrantes. Séntese absolutamente española e só pensa en integrarse co resto das súas amigas do colexio. Desexaría ter uns pais “normais” como o resto das súas amigas, pero os seus avergónzana constantemente porque non falan español, traballan máis de 14 horas no bazar e nin sequera lle permiten celebrar o seu cumpleanos no Burger King.

A outra nena é Xiang. É adoptada e co seu rostro delata alá onde vai que non é filla dos seus pais. Onde vai cos seus pais españois, chama a atención. Xiang pregúntase pola súa familia biolóxica; nin sente chinesa nin sente aceptada ante os demais nenos no colexio. As dúas nenas cruzaranse, separarán e acabarán sendo vitais unha para a outra na procura da súa identidade.

Hora

(Xoves) 20:00

Localización

Auditorio Municipal de Nigrán

Avenida Castelao, 2, 36350 Nigrán

Está pasando!