VI Premio de Poesía Bouza Brey

mar03marConsultardom31maiVI Premio de Poesía Bouza BreyConcello de Vilagarcía de Arousa(Consultar) Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O Concello de Vilagarcía de Arousa convoca a 6ª edición do Premio de Poesía Bouza Brey. O premio ten carácter bienal e está dirixido a persoas maiores de idade que presenten unha obra poética en lingua galega de acordo coas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego da Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega (NOMIG, 2003).

A convocatoria do Premio de Poesía Bouza Brey do Concello de Vilagarcía de Arousa nace da vontade da Concellería de Cultura de recuperar o premio en homenaxe á figura de Fermín Bouza Brey Trillo (1901 1973), un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos, destacado intelectual, xurista e escritor.

Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, e de temática libre. Non se admitirán poemas publicados previamente en webs, revistas e outros medios de maneira independente. Tampouco poderán ser adaptacións nin estar premiados noutro certame no momento da decisión do xurado.

O prazo de admisión de orixinais rematará o día 31 de maio de 2026.

O premio, único e indivisible, consistirá en 5.000 euros. Esta contía inclúe a adquisición dos dereitos de explotación da primeira edición en galego de ata un máximo de 1.000 exemplares do texto gañador, así como a edición dixital deste, durante cinco anos.

A obra premiada será publicada pola Editorial Galaxia no marco da súa colección poética Dombate.

O xurado estará integrado por tres persoas representativas da cultura galega relacionadas co eido da literatura.

A persoa galardoada comprométese a asistir ao acto de entrega do premio, que se celebrará no mes de decembro, así como á presentación da publicación da obra gañadora, que terá lugar arredor do 21 de marzo, Día Mundial da Poesía.

Máis información e bases da convocatoría en vilagarcia.es. Calquera consulta acerca desta convocatoria atenderase a través do enderezo de correo electrónico premiobouzabrey@vilagarcia.gal.

Hora

Marzo 3 (Martes) - Maio 31 (Domingo)

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!