This is a repeating event

4º Portonovo Gastronómico. Festa da Raia

sáb02maiConsultar4º Portonovo Gastronómico. Festa da Raia1, 2 e 3 de maio de 2026(Consultar: sábado) Porto de Portonovo - Sanxenxo

Detalles do Evento

A cuarta edición de Portonovo Gastronómico. Festa da Raia celebrarase os días 1, 2 e 3 de maio, cun total de 21 locais participantes que ofrecerán unha tapa na que se porá en valor o produto do mar.

O prezo mantense como en citas anteriores a 5 euros. En canto á programación cultural, cortarase un tramo de Rafael Picó, entre a entrada ao varadero e a rotonda da lonxa, para que poida acoller tres espazos distintos:

  • Espazo expositivo que acollerá unha mostra fotográfica de Ollares con imaxes actuais e antigas de Portonovo. Tamén se poderán ver dornas cedidas por Amigos da Dorna.
  • Feira Solidaria Artesá, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro.
  • Unha área infantil con talleres e xogos en xornada de mañá e tarde, de 12.30 a 14.30 e de 16.30 a 19.30 horas.

O venres 1 de maio, realizarase un Roteiro Crónicas de Portonovo coa Asociación Cultural Andarela. Da animación na rúa encargarase Festicultores, ás 12.30 horas, e, pola noite, a partir das 21.30, celebrarase o Raia Rock con The Bo Derek e Boyanka Kostova.

O sábado 2 de maio, da animación na rúa encargarase Fanfarria Furruxa. Ás 17.30 terá lugar o Festival de Baile Tradicional e Cantos de Taberna, coa participación de Os Gatiños, Lembranzas, Abiñadoira, Voces do Club de Jubilados de Portonovo, A.C. Soalleira e Portonovo Canta. Ás 22.15 horas terá lugar o concerto de Treixadura.

O 3 de maio, celebrarase a entrega da Raia de Ouro, ás 12.30 horas, na Casa Mariñeira de Don Fernando. Lembranzas e Os Gatiños acompañarán á persoa homenaxeada ata a Casa Mariñeira de Don Fernando onde se dará entrega da insignia. A sesión vermú estará amenizada por Cantos da Terra.

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Porto de Portonovo

Porto de Portonovo, Portonovo, Sanxenxo

Está pasando!