'As mil e unha' en Sanxenxo

sáb23mai19:00'As mil e unha' en Sanxenxonarración oral e música para público familiar19:00 Pazo Emilia Pardo Bazán - Sanxenxo

Detalles do Evento

Que pasaría se por arte de maxia conectásemos en directo coa Circe de Begoña ou chamase á nosa radio Morgana desde Esmelle? Acaso Penélope tecería a actualidade deste mundo?

Todo será posible se nos acompañas no noso programa radiofónico ‘As mil e unha’ onde, da man das historias e a música, achegaráste un chisco máis ao legado da admirada Caamaño.

As mil e unha é a nova sesión da narradora oral Vero Rilo na que acompañada polo músico Luis Iglesias achega un espectaculo de narración oral e música para público familiar co gallo das Letras Galegas 2026 adicadas a Begoña Caamaño.

Actividade do Programa de Dinamización Lingüística Fala Redes.

As entradas gratuítas deben retirarse a través da plataforma Ataquilla.

Hora

(Sábado) 19:00

Localización

Pazo Emilia Pardo Bazán

Rúa Miraflores, 3, 36960 Sanxenxo

Está pasando!