José Antonio González, impulsor do Senda Festival | Certain Music

Son, natureza e liberdade daranse cita na Illa das Esculturas nunha nova edición do Senda Festival

22 Abril 2026

Entre árbores, luz e frecuencias baixas que nos atravesan, o Senda Festival volve ao lugar onde todo comeza de novo.

Organizado por Certain Music e Concello de Pontevedra, o Senda regresa á beira do Lérez os vindeiros 3, 4 e 5 de xullo, con entrada de balde. 

Un encontro no continuo espazo-tempo que reivindica o esencial: son, natureza e liberdade.

Tres días abertos a diferentes sensibilidades arredor da música que nos move, onde a electrónica se expande en distintas direccións.

Marca as datas. Moi pronto, máis sinais no camiño.

Está pasando!