Barbeira Season Fest en Baiona

mér31agoConsultardom04setBarbeira Season Fest en Baionao gran festival de pequeno formato(Consultar) Baiona -

Detalles do Evento

Unha vez, alguén bautizou ao Barbeira Season Fest coma “o gran festival de pequeno formato”.

Gustounos porque nos soupo un pouco a circo, a feria de atraccións ou algo así. O noso festival é divertido. Pero tamén se compromete coa música, coa xente que empeza, coa creatividade, co respecto polo medio ambiente, á diversidade e á cultura. Vainos a cor, o salitre e coñecer xente irrepetible.

O Barbeira Season Fest é o máis parecido que vas atopar a ser feliz.

O Barbeira SeaSon Fest, que nesta edición crece en días, actividades e contidos, celebrarase en distintos espazos de Baiona do 31 de agosto ao 4 de setembro e estará dirixido a diversos tipos de público.

No cartel van convivir figuras principais do panorama nacional con grupos galegos, portugueses e algún internacional:

  • León Benavente
  • Zahara
  • Carolina Durante
  • Anabel Lee
  • Bala
  • Señora DJ
  • Depedro
  • La Habitación Roja
  • Emilia, Pardo y Bazán
  • Diamante Negro
  • DJ Moderno
  • Morreo
  • Zahara
  • Maika Makovski
  • Capicua
  • Cora Yako
  • Estrella Fugaz
  • Miniño
  • Marta Movidas
  • Tu peleas como una vaca
  • Eterna Joventut
  • Eme DJ
  • Triángulo de Amor Bizarro
  • Astrogirl
  • Cheap Lipstick
  • Habitación Vudú
  • Sr. Jingles
  • Captain Trasho
  • Tarde a Todo

Abonos e entradas anticipadas á venda en seasonfest.com


Hora

Agosto 31 (Mércores) - Setembro 4 (Domingo)

Localización

Baiona

Está pasando!