Costa Atlántica MTB | © Global DXT

This is a repeating event

Costa Atlántica MTB en Pontevedra

ven12abrConsultarCosta Atlántica MTB en Pontevedra12, 13 e 14 de abril de 2024(Consultar: venres) Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A combinación entre turismo e deporte que propón a Costa Atlántica MTB promete ser de novo un éxito esta fin de semana. A proba ciclista, que se desenvolverá os días 12, 13 e 14 de abril xuntará a 250 inscritos nesta edición, case duplicando á anterior.

A Costa Atlántica MTB Tour, é unha competición por etapas de bicicleta de montaña onde os participantes gozarán de 3 etapas distintas: unha crono nocturna e dúas etapas maratón.

A proba ten un formato challenge, o que quere dicir que cada etapa se disputa de xeito independente, polo que aínda que un participante/parella non finalice algunha das etapas, si poderán disputar o resto. Se un participante/parella, non finaliza unha etapa, na xeral computarase na nomeada etapa o tempo do último participante/parella.



Os participantes enfrontaranse tanto de forma individual como por parellas en calquera das dúas modalidades. A proba comeza o venres 12 de abril de 2024 ás 20:00 horas cunha crono nocturna pola zona vella de Pontevedra. A primeira etapa desenvólvese o sábado 13, con saída ás 9:00 horas desde a localidade de Pontevedra. A segunda e última etapa terá lugar o domingo 14 ás 09:00 horas, e igual que as dous anteriores terá a saída e a chegada en Pontevedra.

A competición dispútase segundo o regulamento técnico e deportivo da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC).

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!