'Carapuchina Vermella. O musical' en Pontevedra

sáb12dec17:00'Carapuchina Vermella. O musical' en PontevedraEducaTeatro Produccións17:00 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

O clásico conto de ‘Carapuchina Vermella’ chega ao escenario do Auditorio Sede Afundación de Pontevedra cunha nova proposta musical pensada para o público familiar.

Carapuchiña é unha nena duns nove anos. Certo día, a súa nai encárgalle ir á casa da avoa para que lle leve unha cesta con froita, un tarro de mel e unha botella de viño doce.

Polo camiño toparase con amigos, vivirá aventuras con árbores bailarinas, aprenderá cancións e mesmo coñecerá un lobo que fará das súas para tentar comela.

A historia está narrada por Plácido, un escritor de contos que, axudado pola súa vella máquina de escribir, traballará arreo para mecanografar o conto máis bonito do mundo enteiro.

Un espectáculo para desfrutar en familia que achega aos máis pequenos unha das historias máis coñecidas da literatura infantil a través da música, a interpretación e a imaxinación.

Recomendado a partir de 2 anos. Os menores de 24 meses que non ocupen butaca non necesitan adquirir entrada.

Entradas anticipadas á venda dende 13,60 euros en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 17:00

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!