Gran magosto tradicional en Pontevedra

ven06nov19:00Gran magosto tradicional en PontevedraConcertos, pasarrúas e castañas de balde19:00 Praza da Ferraría - Pontevedra

Detalles do Evento

O Concello de Pontevedra impulsa este mes de novembro a celebración dun magosto tradicional cunha programación que abrangue tanto os barrios da cidade como o propio centro urbano.

O Concello colaborará ademais durante todo o mes de novembro con diversas asociacións para levar os magostos aos barrios de Eduardo Pondal, Altamira, A Pedreira, O Burgo e Centro Leste.

Cómpre sinalar que neste ano 2026, o Concello quixo traer de novo o magosto ao corazón de Pontevedra. Así, a Praza da Ferraría acollerá o gran magosto central este venres 6 de novembro, a partir das 19:00 horas.

Durante a xornada distribuiranse arredor de unha tonelada (dous quintais) de castañas, procedentes da provincia de Ourense, que se asarán na propia praza e que se repartirán de xeito totalmente gratuíto entre veciños e visitantes. O reparto sen custo abranguerá tanto o posto do Concello como as castañas do castañeiro habitual da Ferraría.

A festa contará cunha destacada presenza de grupos de música tradicional locais:

  • 18:00 h. Inicio da animación cun pasarrúas polas zonas aledañas á Praza da Ferraría a cargo dos Gaiteiros das Rías Baixas e do grupo Foula.
  • 20:00 h. Actuación do grupo Maravallada, que poñerá a cantar a todos os asistentes.
  • 21:00 h. Peche da xornada festiva coa actuación de Os Viqueiras.

Hora

(Venres) 19:00

Localización

Praza da Ferraría

Praza da Ferraría, Pontevedra

Está pasando!