Samaín Briz 2026 en Marín

sáb31out18:30Samaín Briz 2026 en MarínO mellor parque de terror e diversión das Rías Baixas18:30 Finca de Briz - Parque dos Sentidos - Marín

Detalles do Evento

Todo cadra perfectamente este ano para que a gran noite do terror e da tradición sexa un tremendo éxito en Marín. A noite do sábado 31 de outubro, a Finca de Briz volverá transformarse para converterse no lugar no que vivir a mellor experiencia de medo e diversión de toda as Rías Baixas.

A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, mantivo encontros cos representantes dos colectivos e entidades que colaboran no Samaín Briz e, xunto coa Fundación Juan XXIII, presentou o cartel da festa para poder ir avanzando a partir da próxima semana todos os detalles da programación.

Tal e como recorda a edil, “xunto coa fundación, a comparsa Os da Caña e o Club Deportivo La Peña volverán ser os piares deste evento, aos que xa se lles sumarán colectivos do resto da vila e da contorna, reforzando que esta festa é tamén o mellor exemplo da implicación e o asociacionismo”.

“Teremos de novo rutas do terror, ás que haberá que acceder facendo cola, pero tamén haberá percorridos de acceso libre por toda a finca con distintas estacións do medo”, adiantou Sanmartín, que recordou que a festa se desenvolve entre a tarde e a noite previa ao festivo de Todos Os Santos, abrindo as portas a partir das 18.30 horas.

Ademais, de novo a Finca contará cunha decoración especial, a dunhas meigas “que serán realizadas en colaboración coas persoas usuarias dos centros de día de Marín, igual que fixemos o ano pasado e que é unha forma de implicar tamén á terceira idade e que saíu estupendamente”.

“Tamén animamos aos comercios e ás comunidades de veciños do entorno a que se sumen á decoración deste día, no que transformamos Briz nun auténtico parque do terror”, engade a concelleira.

A concelleira cifra en 50.000 euros a inversión que o Concello fai na festa, contando cunha subvención da Deputación de Pontevedra de cerca de 25.000 euros, a través do Plan Máis Provincia. Esta contía destínase a pagar a todas ás entidades colaboradoras, á loxística, á animación e á xestión do PequeSamaín, con monitorado.

Ao longo dos próximos días, iranse desvelando máis detalles da programación.

Hora

(Sábado) 18:30

Localización

Finca de Briz - Parque dos Sentidos

Rúa da Costa, s/n, 36900 Marín

Está pasando!