Presentación do gran magosto tradicional de Pontevedra | Concello de Pontevedra

Unha tonelada de castañas de balde para celebrar un gran magosto no corazón da Boa Vila

3 Novembro 2026

  • A cita principal terá lugar este venres 6 de novembro a partir das 19:00 horas, na Praza da Ferraría, combinando gastronomía tradicional e animación musical a cargo de agrupacións locais.
  • O Concello colaborará ademais durante todo o mes de novembro con diversas asociacións para levar os magostos aos barrios de Eduardo Pondal, Altamira, A Pedreira, O Burgo e Centro Leste.

O Concello de Pontevedra impulsa este mes de novembro a celebración dun magosto tradicional cunha programación que abrangue tanto os barrios da cidade como o propio centro urbano. O edil de Festas, Demetrio Gómez, anunciou que a administración local colaborará con diversas entidades e asociacións veciñais para organizar magostos en zonas como Eduardo Pondal, Altamira, A Pedreira, O Burgo e o Centro Leste.

Cómpre sinalar que neste ano 2026, o Concello quixo traer de novo o magosto ao corazón de Pontevedra. Así, a Praza da Ferraría acollerá o gran magosto central este venres 6 de novembro, a partir das 19:00 horas.

Presentación do gran magosto tradicional de Pontevedra | Concello de Pontevedra

Durante a xornada distribuiranse arredor de unha tonelada (dous quintais) de castañas, que se asarán na propia praza e que se repartirán de xeito totalmente gratuíto entre veciños e visitantes. O reparto sen custo abranguerá tanto o posto do Concello como as castañas do castañeiro habitual da Ferraría.

O edil explicou que os froitos proceden da provincia de Ourense, ao tempo que sibliñou a dificultade de conseguir tal cantidade nun ano no que a produción foi menor do habitual, destacando que os traballos para picar a tonelada de castañas xa están en marcha para que todo estea listo para a cita.

A festa contará cunha destacada presenza de grupos de música tradicional locais:

  • 18:00 h. Inicio da animación cun pasarrúas polas zonas aledañas á Praza da Ferraría a cargo dos Gaiteiros das Rías Baixas e do grupo Foula.
  • 20:00 h. Actuación do grupo Maravallada, que poñerá a cantar a todos os asistentes.
  • 21:00 h. Peche da xornada festiva coa actuación de Os Viqueiras.

Gómez animou a toda a cidadanía a achegarse e gozar desta tradición galega aproveitando a chegada do frío e o tempo propio da época.

Está pasando!