Presentación do Roteiro Nocturno de Samaín 2026 | Concello de Salvaterra de Miño

O Roteiro Nocturno de Samaín volve ás rúas de Salvaterra con sustos, sorpresas e un novo percorrido

15 Outubro 2026

  • A ruta sairá da Praza do Concello e rematará no mesmo lugar onde ó chegar os participantes poderán tomar un chocolate quente.
  • O único requisito para participar é aportar un produto de hixiene ou non perecedoiro para o banco de alimentos.

Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño e Barafunda Animación organizan o Roteiro Nocturno de Samaín, unha data moi esperada entre o público que neste 2026 celebrarase o 31 de outubro e terá un novo percorrido. Será unha noite terrorífica para nenos e nenas, cunha idade recomendada a partir dos 10 anos, e adultos.

Como sempre aconséllase a todos aqueles que queiran participar que veñan caracterizados xa que esa noite Salvaterra de Miño agochará moitas sorpresas e sustos nun percorrido que comezará na Praza do Concello e rematará no mesmo lugar onde ó chegar os participantes poderán tomar un chocolate quente.

Este ano, a saída será ás 19:00 horas e farase escalonada en grupos de máximo 23 persoas organizados que deberán seguir as indicacións do percorrido para chegar ó final do roteiro.

O prazo de inscrición continúa aberto ata cubrir as prazas e realizarase a través da web www.barafunda.es. As prazas son limitadas e irán por orde de inscrición.

O único requisito para participar será que cada participante deberá traer consigo un produto de hixiene ou produto non perecedoiro para o banco de alimentos municipal.

Está pasando!