'Carapuchina Vermella. O musical' en Vigo

dom15nov12:00'Carapuchina Vermella. O musical' en VigoEducaTeatro Produccións12:00 Teatro-Cine Salesianos - Vigo

Detalles do Evento

O clásico conto de ‘Carapuchina Vermella’ chega ao escenario do Teatro Cine Salesinos cunha nova proposta musical pensada para o público familiar.

Carapuchiña é unha nena duns nove anos. Certo día, a súa nai encárgalle ir á casa da avoa para que lle leve unha cesta con froita, un tarro de mel e unha botella de viño doce.

Polo camiño toparase con amigos, vivirá aventuras con árbores bailarinas, aprenderá cancións e mesmo coñecerá un lobo que fará das súas para tentar comela.

A historia está narrada por Plácido, un escritor de contos que, axudado pola súa vella máquina de escribir, traballará arreo para mecanografar o conto máis bonito do mundo enteiro.

Un espectáculo para desfrutar en familia que achega aos máis pequenos unha das historias máis coñecidas da literatura infantil a través da música, a interpretación e a imaxinación.

Recomendado a partir de 2 anos. Os menores de 24 meses que non ocupen butaca non necesitan adquirir entrada.

Dous pases: 12:00 e 17:00 horas.

Entradas anticipadas á venda dende 13,60 euros en Ataquilla.com

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro-Cine Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo

Está pasando!