maio, 2022

Detalles do Evento

A Deputación de Pontevedra festexa un ano máis o Día de Europa, no que se conmemora a Declaración de Schuman asinada en 1950, co programa ‘Degusta Europa’, unha actividade que se desenvolverá entre o xoves 12 e o martes 31 de maio nos mercados locais do Grove, Mondariz, Pontevedra, Gondomar, Vigo e A Guarda.

A través desta iniciativa elaboraranse tapas típicas de diferentes países de Europa tomando como base os produtos locais, para representar a unión dos pobos. Así mesmo, fomentarase o comercio local e a cooperación cos concellos e cos CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) e Manuel Antonio (Vigo), encargados da preparación da degustación.

A preparación dos pratos corre a cargo do alumnado dos centros de FP de hostalería Carlos Oroza de Pontevedra e Manuel Antonio de Vigo.

Tapas elaboradas polo alumnado do CIFP Carlos Oroza

  • Mercado do Grove, xoves 12 de maio, ás 11 h. Ragú de feixóns, mexillóns, alga codium e froitos do mar (guiso francés), carpaccio de robaliza e brotes frescos (prato de Italia), lemon pie (sobremesa suíza) e, como bebida, un cóctel Bellini(Italia).
  • Mercado de Mondariz, xoves 19 de maio, ás 11 h. Pan de pita con roupa vella de matanza e queixo galego (Grecia), smoreebrob de troita (Dinamarca), panacota de requeixo con mirabeis e moras (Italia) e, como bebida, un cóctel Negroni (Francia).
  • Mercado de Pontevedra, venres 20 de maio, ás 11 h. Sopa de gulax de tenreira con pan de manteiga (República Checa), maatjesharing (Holanda), moules frites (Bélxica) e un cóctel Black Velvet (Irlanda).

As tapas elaboradas polo alumnado do CIFP Manuel Antonio terán a mesma proposta para os tres mercados: cunca da horta de cabaza asada, escuma de patacas e aire de ceboliño; tosta de cabala afumada;risoto cremoso de grelos con espeto de galiña; esfiado de porco a baixa temperatura en pan de pita; bucle de calamar crocante sobre produtos da terra; vasiños de iogur e crema de marmelo, enreixado de cabelo de anxo, melindres e torta das Rías Baixas.

  • Mercado de Gondomar, martes 24 de maio, ás 11 h.
  • Mercado do Progreso de Vigo, xoves 26 de maio, ás 11 h.
  • Mercado da Guarda, martes 31 de maio, ás 11 h.

Hora

(Xoves) 11:00

Localización

Concello de Vigo

Está pasando!