Fragmento da obra ‘Para un bico non fai falla director’ (1991) | Manuel Moldes

Exposición 'Bicos de cine' en Pontevedra

mér03decConsultarxov30abrExposición 'Bicos de cine' en PontevedraFundación Manuel Moldes(Consultar) Fundación Manuel Moldes - Pontevedra

Detalles do Evento

Os ‘Bicos de cine’ de Manuel Moldes son unha serie de 25 estampas nas que o pintor pontevedrés deu renda solta á súa paixón pola sétima arte, homenaxeando ó cinema.

Realizadas para as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (XOCIVIGA) do Carballiño de 1991, pertencen actualmente á colección da Filmoteca de Galicia.

A última vez que se puideron ver en público foi en Madrid no 2007, pero hai que retrotraerse ata 1992 para lembrar la anterior ocasión en que estiveron en Pontevedra.

Así, aproveitando o pulo cinematográfico que vive a cidade, o 3 de decembro de 2025 inaugurarase unha nova mostra dos ‘Bicos de cine’, coincidindo ademais co oitavo cabodano de Manuel Moldes.

A exposición poderá visitarse ata o 30 de abril de 2026 na sede da Fundación Manuel Moldes, aberta ao público os xoves e venres de 18,00 a 21,00 h. e os sábados de 12,00 a 14,00 h. e de 18,00 a 21,00 h.

Tamén existe a posibilidade de concertar cita previa noutros horarios a través do teléfono 607 408 482.

‘Para un bico non fai falla director’ (1991) | Manuel Moldes

Hora

Decembro 3 (Mércores) - Abril 30 (Xoves)

Localización

Fundación Manuel Moldes

Benito Corbal, 47 (Entrada Javier Puig Llamas, 3) 36001 Pontevedra

Está pasando!