Gladiator Race 2023 | © Gladiator Race

Gladiator Race Pontevedra

sáb01xuñConsultardom02xuñGladiator Race PontevedraCategorías Rocket, Warrior e Kids(Consultar) Illa das Esculturas - Pontevedra

Detalles do Evento

A Illa das Esculturas acollerá os días 1 e 2 de xuño a máis de 2.000 participantes que se enfrontarán a diferentes tipos de obstáculos, poñendo a proba a súa forza física e mental da forma máis divertida.

Despois de celebrar a súa última carreira en Santiago de Compostela «cunha grande acollida», tal e como indican desde a organización, —esgotáronse as inscricións en menos de tres semanas— e onde máis de 1.400 corredores puideron gozar como auténticos gladiadores, a cita volve un ano máis a Pontevedra.

Serán dúas as opcións de distancia, Rocket con máis de 6 quilómetros e máis de 30 obstáculos e os Warrior, de máis de 10 quilómetros e máis de 40 obstáculos. En ambas modalidades os participantes poderán recibir axuda externa para superar obstáculos agás nos élite, onde se non conseguen superar as diferentes dificultades retiraráselle o chip de cronometraxe, aínda que poderán continuar a proba sen contar para a clasificación.

Ademais da carreira de adultos, o 2 de xuño celebrarase a Gladiator Kids, para que os máis pequenos da casa poidan vivir a experiencia Gladiator Race e gozar dun día de diversión en familia cos seus pais.

Xa están dispoñible a inscrición a prezo reducido na páxina web da carreira, https://gladiatorraceoficial.es/, ata o 31 de decembro ou ata esgotar as prazas, con prazas limitadas.

Hora

xuño 1 (Sábado) - 2 (Domingo)

Localización

Illa das Esculturas

Illa da Xunqueira, s/n, 36005 Pontevedra

Está pasando!