Goyo Jiménez presenta ‘América Forever: The final refrito’ na Estrada

xov10dec20:30Goyo Jiménez presenta ‘América Forever: The final refrito’ na EstradaEspectáculo de stand-up comedy20:30 Teatro Principal da Estrada - A Estrada

Detalles do Evento

Chega á Estrada Goyo Jiménez, o actor que nos ensinou que ser americano non é só falar con maiúsculas, almorzar gofres con bacon, resolvelo todo botando man dunha metralleta repetidora ou debuxando no rostro un sorriso Profident.

Goyo recupera en ‘America Forever: The final refrito’ os seus momentos máis celebrados para amosarnos o soño americano convertido en insomnio global.

A actuación terá lugar o xoves 10 de decembro, a partir das 20:30 horas, no Teatro Principal da Estrada.

Goyo Jiménez é un humorista, actor, presentador, guionista, produtor e director coñecido por colaborar en diferentes programas de televisión, pero sobre todo, grazas á súa faceta como cómico ou monologuista de ‘stand up comedy’.

Despois de conquistar América… sen saír de España, e de demostrarnos que os estadounidenses e o resto da poboación mundial convivimos no mesmo planeta só por un erro administrativo, Goyo Jiménez regresa co espectáculo que ninguén pediu, pero todos necesitabamos… ‘América Forever: The final refrito’. A recompilación definitiva dos mellores momentos da súa mítica triloxía ‘Aiguantulivinamérica’.

Pero, atención: que, ademais, o show trae achega vitamínica. Porque Estados Unidos cambiou, o mundo cambiou e, aínda que custe crelo polo seu imperecedoiro aspecto xuvenil, Goyo Jiménez tamén cambiou.

Agora, en América os heroes de acción non fan cortes senón hashtags nas culatas das súas pistolas, o amor é fluído, vegano e polivalente, e os veciños do Medio Oeste almorzan “smoothies” salteados con culpa ecolóxica. Mentres tanto, no resto do mundo… seguimos facendo o que podemos co que temos cando nolo permiten… só que con menos cobertura e máis ansiedade.

‘América Forever: The final refrito’ é unha festa da risa, unha homenaxe actualizada a todo o que nos fixo rir e pensar, pero con novos ingredientes, novas reflexións e o mesmo inconfundible sabor ‘Made In Goyo’.

Venda anticipada de entradas no Departamenta de Cultura do Concello da Estrada ou en Ataquilla.com

Hora

(Xoves) 20:30

Localización

Teatro Principal da Estrada

Rúa Serafín Pazo, 36680 A Estrada, Pontevedra

Está pasando!