This is a repeating event

IX Xornadas sobre Antropoloxía en Pontevedra

sáb14novConsultarIX Xornadas sobre Antropoloxía en Pontevedra‘A cultura expresiva: as artes na transmisión cultural’(Consultar: sábado) Centro Internacional de Creatividade Maruja Mallo - Pontevedra

Detalles do Evento

As IX Xornadas sobre Antropoloxía organizadas por SAGA levarán por título ‘A cultura expresiva: as artes na transmisión cultural’ e terán lugar do 12 ao 14 de novembro en Pontevedra.

O ciclo afondará no papel fundamental que teñen as distintas disciplinas artísticas como vehículos de transmisión da memoria colectiva e do patrimonio antropolóxico.

Como novidade destacada desta edición, as xornadas inclúen unha deslocalización inicial na súa primeira xornada: arrancarán o xoves 12 de novembro no Centro Social Casa Verde de Salcedo, co obxectivo de descentralizar a programación cultural e achegala ás parroquias do municipio. As sesións do venres 13 e do sábado 14 terán lugar na sede habitual do Centro Internacional de Creatividade Maruxa Mallo de Pontevedra.

Programa completo das IX Xornadas sobre Antropoloxía

Xoves 12 de novembro – Centro Social Casa Verde de Salcedo

  • 19:30 h. Conferencia do historiador Buenaventura Aparicio Casado: “As illas dos deuses: castros, salga, anacoretas, piratas e poboadores en Cíes, Ons e Sálvora” .

Venres 13 de novembro – Centro Internacional de Creatividade Maruxa Mallo (Pontevedra)

  • 18:00 h. Apertura oficial das xornadas.
  • 18:10 h. Presentación do anuario “Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza” nº 13-2026, a cargo de Rafael Quintía e Ana Durán.
  • 18:30 h. Conferencia do arquitecto Mauro Lomba: “O escenario das nosas vidas. Como as paisaxes, fogares, prazas e rúas escriben a nosa historia” .
  • 19:30 h. Conferencia de Yosune Duo Suárez (graduada en Belas Artes e técnica audiovisual): “A pantalla como espello: a transmisión cultural a través do cine e doutros medios audiovisuais” .
  • 20:30 h. Mesa redonda e debate cos poñentes da xornada.

Sábado 14 de novembro – Centro Internacional de Creatividade Maruxa Mallo (Pontevedra)

  • 18:00 h. Apertura da segunda sesión.
  • 18:10 h. Presentación do proxecto artístico “Resonancias máxico-empíricas”, a cargo da artista Nuria Ferreiro (Nia).
  • 18:30 h. Conferencia do antropólogo Rafael Quintía: “A arte rupestre no Tassili N’Ajjer: lembranza dun mundo esquecido” .
  • 19:30 h. Conferencia do folclorista e escritor Javier Prado: “Cuando la literatura se convierte en mito: leyendas de nuevo cuño” .
  • 20:30 h. Mesa redonda e debate cos poñentes da xornada.
  • 21:00 h. Clausura oficial das IX Xornadas sobre Antropoloxía.

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Centro Internacional de Creatividade Maruja Mallo

Rúa Alfonso XIII, 7 - 36002 Pontevedra

Está pasando!