decembro, 2021

Detalles do Evento

O Castelo de Soutomaior e o seu mercadiño serán os auténtico protagonistas este Nadal. A Deputación de Pontevedra anima e invita a toda a cidadanía a achegarse ao mercadiño para poder adquirir produtos da provincia, sostibles e de proximidade, colaborando así coas produtoras e produtores das diferentes comarcas e cumprindo os requisitos do Certificado Observer e do Plan Estratéxico de Turismo.

O mercadiño, ideal para os regalos de Nadal, estará aberto os días 2 e 3 de decembro entre as 16:00 e as 20:00 horas, e os días 4, 5, 7 e 8 de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

Nos postos, haberá representación da Cooperativa Camiño Circular que achegará queixos, ovos, mel, licores, marmeladas, melindres, bicas e artesanía; por produtos do mar como afumados e conservas;  por produtos a carón do Miño como chocolates, conservas de lamprea, mirabeles ou grelos; por produtos relacionados coa camelia a través de artesanía, cosméticos, marmeladas e venda de árbores; e de quilómetro cero a través dos viños de Soutomaior, do viño Pedro Madruga e de espumosos. Amais, contará cunha zona de degustación na que se poderá probar os produtos.

Amais do mercadiño, o Castelo “encherase de maxia” estes días nos que tamén haberá visitas teatralizadas, contacontos, obradoiros, unha “caixa de correo de soños” e as visitas ao recuperado “Muiño das Afreitas”. 

Baixo o título “A maxia do Nadal está no Castelo” a iluminación de todo o recinto terá lugar o próximo xoves ás 18.30 horas, aínda que xa media hora antes, ás 18.00 horas todo o público poderá achegarse para participar nunha visita ambientada na que as persoas participantes serán recibidas por “zancudos” que guiarán a actividade para coñecer o funcionamento do muíño e desfrutar das sorpresas nos xardíns.


Hora

(Mércores) 11:00 - 20:00

Localización

Castelo de Soutomaior

Rúa do Rial, s/n, 36691, Soutomaior

Está pasando!