Miguel Lago presenta 'Lago Comedy Club' en Pontevedra

ven12mai21:00ven23:50Miguel Lago presenta 'Lago Comedy Club' en Pontevedra'La comedia de club llega al teatro'21:00 - 23:50 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

O venres 12 de maio, Miguel Lago presenta o seu último espectáculo, ‘Lago’, no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra a partir das 21:00 horas.

‘Lago’ é un show sen artificios. Un cómico sobre unha alfombra, baixo un foco e cun micrófono cara a cara fronte ao público. A comedia de club, a comedia de bar e estrada chega ás táboas dos grandes escenarios por primeira vez.

Puro stand-up clásico. Xenuína comedia servida con liberdade, verdade e nudez que busca a quintaesencia do formato. E, por suposto, coa firma e a experiencia dunha icona do “One man Show”.

Unha reivindicación dunha profesión necesaria, unha homenaxe a talentos únicos como Richard Prior, Jerry Seindfeld, Eddy Murphy o Ricky Gervais… Unha viaxe onde Miguel entrega o aprendido nos seus máis de 20 anos de traxectoria cunha colección das rutinas máis acedas, desternillantes e atrevidas que se escoitaron nunca na butaca dun teatro.

Entradas anticipadas á venda desde 15 euros en Ataquilla.com


Hora

(Venres) 21:00 - 23:50

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!