'El lago de los cisnes' en A Estrada

ven27nov20:00'El lago de los cisnes' en A Estrada International Ballet Company20:00 Teatro Principal da Estrada - A Estrada

Detalles do Evento

O Teatro Principal da Estrada acollerá o 27 novembro unha das grandes citas culturais da tempada coa chegada da International Ballet Company dentro da súa Winter Tour 25/26.

A compañía internacional, formada por solistas de Moldavia, Ucraína, Italia e outros países, interpretará unha das obras máis emblemáticas da historia do ballet clásico: ‘El lago de los cisnes’, coa música do compositor Piotr Ilich Tchaikovsky.

A función contará cos solistas Cristina Terentiev e Alexandru Balan e terá unha duración aproximada de 2 horas e 45 minutos (con descanso).

Dende o ano 2011, o Concello da Estrada aposta por unha programación cultural de calidade con prezos populares, que adoitan situarse por debaixo dos 10 euros. Nesta ocasión, debido ás características excepcionais do espectáculo, o prezo da entrada será de 30 euros.

Aínda así, o Concello subvenciona parte do custo, permitindo que o público poida gozar deste ballet na Estrada a un prezo inferior ao habitual noutras cidades.

As entradas están á venda no departamento de Cultura do Concello da Estrada ou en liña a través de www.4tickets.cat/ibc.

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Teatro Principal da Estrada

Rúa Serafín Pazo, 36680 A Estrada, Pontevedra

Está pasando!