This is a repeating event

Programación 25N en Pontevedra

mar10novConsultarProgramación 25N en Pontevedra ‘Guía fácil' para acabar coa violencia machista en 4 sinxelos pasos(Consultar: martes) Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A campaña do 25N do Concello de Pontevedra tira de retranca e propón unha ‘Guía fácil’ para acabar coa violencia machista en 4 sinxelos pasos: NON mates mulleres, NON agredas mulleres, NON acoses mulleres e NON permitas que ningún colega teu salte os pasos anteriores.

Durante o mes de novembro, e arredor do Día Internacional da eliminación da violencia contra a Muller (25N), e ata final do ano Pontevedra tínguese de violeta coa seguinte programación:

1. Campaña 25N: Guía fácil para acabar coa violencia machista en 4 sinxelos pasos

  • Venres 6 de novembro, ás 11.30 horas. Despregamento da instalación artística coa imaxe e lema da campaña 25-N na fachada da Casa Consistorial.

2. Lectura do manifesto do Día contra as violencias machista

  • Luns 16 novembro, ás 11.00 horas ao inicio do Pleno Municipal. O manifesto, nesta ocasión, corre a cargo do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (farase difusión do vídeo da gravación a través da páxina web e redes do Concello).

3. Visita institucional á instalación en memoria das vítimas de violencia machista (praza da Audiencia) e colocación de dous novas placas

  • Mércores 25 de novembro. Colocación de dúas novas pezas na honra de María Belén Fernández, 52 anos, Mos (Pontevedra), asasinada pola ex-parella o 01/02/2026 e María Lidia Conde Souto, 81 anos, Ponteareas (Pontevedra), asasinada polo seu fillo o 13/09/2026 (feminicidio familia).

4. Instalación de Puntos Lila nos Institutos da cidade

  • A partir do 3 de novembro. Reparto de material informativo sobre violencia de xénero e espazo de escoita e asesoramento sobre violencia de xénero, baixo o lema ‘O feminismo é bó tamén para ti’. Ademais, en coordinación co profesorado e Anpas, haberá charlas nos centros educativos.

5. Camiño Violeta e instalación de dous novos azulexos no mural en honra das vítimas da violencia de xénero da Casa Azul

  • Domingo 22 de novembro. Roteiro violeta con Asampo e instalación das novas pezas no mural en memoria das vítimas da violencia machista do Estado.

6. Faladoiros Feministas- Outono Violeta

Comezaron na última semana de outubro co faladoiro ‘Vivir sabendo que a túa exparella quixo matarte: violencia machista na Deep Web’ sobre o primeiro caso documentado en España de intento de asasinato a través da ‘deep web’ ocorrido en Pontevedra, coa xornalista Esperanza Escribano.

  • Faladoiro 2, A realidade oculta das violencias sexuais en mulleres e nenas con diversidade funcional, coa presentación da ‘Guía de recursos educativos violencia de xénero en mulleres e nenas con parálise cerebral’. Contaremos cunha das súas autoras, Rosa Blanco (compoñente de ASPACE) e Paula Salgueiro (técnica de Amencer-ASPACE). Modera a xornalista María Hermida (La Voz de Galicia). Martes, 10 de novembro no Edificio Maruxa Mallo (antigo conservatorio), ás 19.00 horas.
  • Faladoiro 3, Puntadas contra as violencias. Faladoiro-obradoiro de bordado grupal con Lúa Mosquetera e Maritza Berttolini. Modera Susana Pedreira (Onda Cero). Venres, 20 de novembro no Edificio Maruxa Mallo, ás 19.00 horas.
  • Faladoiro 4. La Nuestra, arquivo vivo para compartir testemuñas de mulleres sobre violencia sexual coa xornalista e acivista Cristina Fallarás e unha das co-impulsoras da rede social de Acción Comadres. Xoves, 10 de decembro.

7. Premios Feroz. Ciclo ‘Rompendo o canon’: películas e coloquios con mulleres cineastas

  • Venres 6 de novembro, ás 19.00 horas na Facultade de Comunicación da Uvigo en Pontevedra.. Proxección da película ‘Cerdita’ (2022) de Carlota Pereda. Posterior coloquio coa directora do filme
  • Luns 9 de novembro, ás 19.00 horas na Facultade de Comunicación da Uvigo en Pontevedra. Proxección da película ‘Creatura’ (2023) de Elena Martin Gimeno. Posterior coloquio coa directora do filme.
  • Luns 16 de novembro, ás 20.30 horas na Facultade de Deseño da Uvigo en Pontevedra. Conversando sobre deseño de vestiario con Clara Bilbao.
  • Venres 20 de novembro, ás 19.00 horas na Facultade de Comunicación da Uvigo en Pontevedra. Proxección da película ‘O Corno’ (2023) de Jaione Camborda. Posterior coloquio coa directora do filme.
  • Luns 23 de novembro, ás 19.00 horas na Facultade de Comunicación da Uvigo en Pontevedra. Proxección da película ‘Destello bravío’ (2021) de Ainhoa Rodríguez. Posterior coloquio coa directora e guionista do filme.

8. Pontevedra Multicultural. Ciencia pola igualdade. Concello e Gciencia levan o proxecto ás redes socias para visibilizar o nesgo de xénero e raza no eido centífico. Sete pezas audivisuais en Instagram e TikTok sobre científicas racializadas, exemplos de nesgo de xénero, o esquecemento das mulleres nos ensaios clínicos ou a pegada de mulleres pontevedresas na ciencia, na historia e no presente. A primera peza colgouse o mércores 25 de outubro e sairán todos os mércores de novembro máis os dous últimos venres do mes.

Ademais:

  • Curso de defensa persoal, autocoidado e benestar. Método Sakura (Sensei Jatsume. Traballa tamén o empoderamento físico e emocional. Despois do éxito da edición celebrada en 2025, poñemos en marcha unha versión máis extensa (e intensa) desta actividade, con 30 horas de duración. Para mulleres a partir dos 16 anos. O curso botou a andar o 26 de outubro e ten unha duración de seis semanas.
  • Obradoiro Xuntas 2026 de crecemento persoal e empoderamento para mulleres en situación de vulnerabilidade. Este programa está deseñado como un espazo de auto-coidados e acompañamento emocional, dirixido principalmente a usuarias do CIM, co obxectivo de fortalecer a súa autonomía, autoestima e saúde integral. Crea un entorno seguro para tecer unha rede de apoio mutuo empregando como ferramentas a escoita activa e a expresión creativa e corporal como a música e a danza. En marcha desde o pasado 27 de outubro.

Hora

Consultar (Martes)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!