'Romeo y Julieta, un amor inmortal' en Pontevedra

sáb07mai21:00'Romeo y Julieta, un amor inmortal' en Pontevedraa mellor produción de teatro musical desta tempada en España21:00 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

Dirixida por Tomás Padilla e co respaldo da produtora de musicais máis lonxeva do noso país, Theatre Properties, chega a Pontevedra a mellor produción de teatro musical desta tempada en España: ‘Romeo y Julieta, un amor inmortal’.

Unha impactante escenografía, 250 traxes de época, unha produción ao máis estilo Broadway e interpretada polos mellores artistas nacionais, que che transportará ao século XVI de William Shakespeare… amor, odio, vinganza e traxedia cun ritmo trepidante e intenso, e unha partitura completamente orixinal que che acariñará a alma.

El chámase Romeo, e é un Montesco; ela, Julieta, unha Capuleto. Fillos de dúas grandes familias rivais en Verona. Un amor imposible aos ollos da cidade. Un amor inevitable e sincero que os converterá nos amantes máis soados da literatura universal.

Protagonizado por Carlos J. Benito (Romeo) e Silvia Villaú (Julieta), están acompañado por artistas de tamén consagrada traxectoria como Paco Arrojo, Ángels Jiménez, Enrique R. Del Portal, Santiago Cano, Carlos Solano, Daniel Busquier, Nuria Sánchez ou Antonio Villa entre outros.

Entradas anticipadas á venda desde 32 euros en Ataquilla.com


Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!