This is a repeating event

Xosé A. Touriñán presenta 'Moi Animal' en Pontevedra

sáb17outConsultarXosé A. Touriñán presenta 'Moi Animal' en PontevedraUn monólogo sobre animais que, en realidade, fala de nós(Consultar: sábado) Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

Este outono, Xosé A. Touriñán trae ao Auditorio Sede Afundación de Pontevedra o seu novo monólogo, ‘Moi Animal’.

O espectáculo terá lugar o sábado 17 de outubro, ás 18:30 e ás 21:00 horas, e o domingo 18 de outubro, ás 18:00 e ás 20:30 horas.

En ‘Moi Animal’, Touriñán bótalle unha ollada á nosa peculiar relación co resto das especies: queremos os animais, comémolos, humanizámolos, protexémolos, poñémoslles roupa… e, se aparece un mosquito ás tres da mañá, intentamos asasinalo sen ningún remordemento.

Da aldea aos animais de compañía, dos lobos aos vexetarianos, da empatía aos therians, ‘Moi Animal’ é unha viaxe cómica polas contradicións dunha especie que se considera a máis intelixente do planeta… aínda que tampouco hai demasiadas probas.

Un monólogo sobre animais que, en realidade, fala de nós. Das nosas incongruencias, da maneira na que cambiamos e de como somos capaces de querer profundamente os animais… aínda que algúns nos gusten especialmente con patacas.

Porque igual o problema non é que sexamos animais.

O problema é que Touriñán é ‘Moi Animal’.

Entradas anticipadas á venda dende 21,60 euros en Ataquilla.com

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!