This is a repeating event

III Festival de Maxia Abraioscopio en Pontevedra

xov17setConsultarIII Festival de Maxia Abraioscopio en PontevedraDo 17 ao 20 de setembro de 2026(Consultar: xoves) Cidade de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Pontevedra acollerá do 17 ao 20 de setembro a terceira edición do festival de maxia Abraioscopio, unha cita que transformará as rúas, os establecementos hostaleiros e diversos equipamentos públicos nun escenario aberto ao ilusionismo. 

O proxecto naceu coa vocación de sacar a maxia dos espazos culturais tradicionais para encontrarse coa cidadanía na súa vida cotiá, enchendo Pontevedra de maxia con actividades para todos os públicos.

Maxia social, espectáculos e obradoiros infantís, maxia de rúa, unha ruta Gastromáxica, Museo da Maxia Ambulante, Escape Room Urbano, Gala Clandestina e a Gala Máxica Abraioscopio conforman a programación do festival neste 2026.

O festival porá o broche final a catro días de maxia en Pontevedra coa Gala Máxica Abraioscopio que se celebrará o domingo, 20 de setembro, ás 19:00 horas, no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra.

Unha tarde de maxia, humor, circo, música en directo e moito abraio, con artistas premiados a nivel nacional e internacional reunidos no gran espectáculo do Festival de Maxia de Pontevedra.

A maxia visual, o humor, a música en directo e as artes circenses converxen nun espectáculo cheo de ritmo, sorpresa e marabilla. Esta gala conta con actuacións que garanten a risa, momentos de grande impacto visual e escenas deseñadas para deixar ao público sen palabras.

Baixo a dirección artística de Nazan L. Bamio, cada actuación forma parte dunha produción meticulosamente elaborada e dinámica, pensada para ser desfrutada de principio a fin. Máis que unha simple serie de trucos, a Gala Máxica do Abraioscopio ofrece un espectáculo espectacular onde se xuntan diferentes formas de asombro.

Un evento para desfrutar en familia, con amigos ou en parella; para aqueles que xa aman a maxia e para aqueles que queren redescubrir a sensación de que o imposible pode acontecer diante dos seus ollos.

As entradas para a Gala Máxica están á venta en Ataquilla.com

Hora

Consultar (Xoves)

Localización

Cidade de Pontevedra

Está pasando!