This is a repeating event

IX Festival Internacional de Maxia Infantil de Marín (FIMIM)

xov08outConsultarIX Festival Internacional de Maxia Infantil de Marín (FIMIM)do 8 ao 11 de outubro de 2026(Consultar: xoves) Concello de Marín - Marín

Detalles do Evento

A maxia volverá ocupar as rúas e os espazos culturais de Marín do 8 ao 11 de outubro coa novena edición do Festival Internacional de Maxia Infantil de Marín (FIMIM). 

Durante catro días, o festival combinará actuacións ao aire libre, propostas para público familiar e espectáculos de sala. A maxia chegará tamén aos centros escolares, cunha actividade prevista para o xoves 8 e o venres 9. O programa inclúe unha gala internacional de maxia infantil como peche da edición.

A programación comezará o xoves 8 de outubro, con sesións de maxia nos colexios ás 10.00 e ás 12.00 horas. Ese mesmo día, ás 18.00 horas, o Mago Josemari presentará ‘Abrapalabra’ na Biblioteca Municipal de Marín.

O venres 9 repetiranse as sesións nos colexios ás 10.00 e ás 12.00 horas. Pola tarde, Karlus levará ‘The Bellboy’ ao Parque Eguren ás 18.00 horas, e Mino & Arthur representarán ‘No me ayudes más’ na Alameda Rosalía de Castro ás 20.00 horas. En caso de choiva, ambas actuacións trasladaranse ao Multiusos.

A xornada rematará ás 22.30 horas no hall do Concello co espectáculo ‘Sinsentido Consentido’, de Julio Merino, dirixido a maiores de 12 anos. As prazas son limitadas e as entradas custan 1 euro anticipada ou 2 euros na billeteira

O sábado 10, o programa abrirá ás 10.00 horas cun obradoiro de maxia para maiores de 6 anos. As prazas son limitadas e poden reservarse no 679 979 292.

O Mago Josemari ofrecerá ‘Gran Circo de Pulgas’ na Alameda Rosalía de Castro en tres pases, ás 11.30, 12.15 e 13.00 horas. Cada pase terá un máximo de 30 persoas. Ás 13.00 horas, Lola Mento presentará ‘Lolamentando’ tamén na Alameda. Se chove, as actuacións do Mago Josemari pasarán ao Museo e a de Lola Mento, á Biblioteca.

Pola tarde, ‘Gran Circo de Pulgas’ regresará á Alameda con pases ás 17.00, 17.45 e 18.30 horas. Ás 18.00 horas, Nicolás Chevalíe representará ‘Para Miarte de Risas’ no mesmo espazo. En caso de choiva, estas actuacións trasladaranse ao Museo e ao Multiúsos, respectivamente.

A programación do sábado concluirá con dúas propostas de sala: Karlus Soler presentará ‘Ay ay’ no Auditorio Municipal ás 20.00 horas, con entradas a 5 euros anticipadas e 6 euros en taquilla; e Marcos Waldemar ofrecerá ‘Interludio’ no hall do Concello ás 22.30 horas, con entradas a 1 euro anticipadas e 2 euros na billeteira.

As entradas de todos os espectáculos poden adquirse en ticketrona.com

GALA INTERNACIONAL

O domingo 11, o Museo Manuel Torres acollerá ás 12.00 horas ‘Maxia para bebés’, con Fernando Saldaña. A actividade está recomendada para crianzas de 1 a 4 anos, ten prazas limitadas e un prezo de 3 euros, que permite a entrada dunha persoa adulta e dunha crianza.

Ás 13.00 horas, Mino & Arthur levarán ‘Déjate de cuentos’ á Alameda Rosalía de Castro; en caso de choiva, a actuación celebrarase no Multiúsos.

A Gala Internacional de Maxia Infantil porá o punto final ao festival ás 18.00 horas no Auditorio Municipal.

As entradas custan 6 euros anticipadas en ticketrona.com e 8 euros na billeteira.

Hora

Consultar (Xoves)

Localización

Concello de Marín

Marín

Está pasando!