This is a repeating event

XXXVI Festa da Ostra de Arcade

ven05abrConsultarXXXVI Festa da Ostra de ArcadeDeclarada de Interese Turístico(Consultar: venres) Peirao de Arcade - Soutomaior

Detalles do Evento

Festa da Ostra de Arcade constitúe unha cita imprescindible no calendario gastronómico de Galicia. Esta parroquia do municipio de Soutomaior dálle a benvida a unha marea de visitantes a primeira fin de semana de abril para degustar este exquisito bivalvo. 

Esta celebración naceu en 1987 a iniciativa do sector ostreícola de Arcade, pioneiro na comercialización e exportación deste molusco. Abril é o mellor mes para a degustación da chamada trufa do mar ou perla dos mariscos, por iso se elixiu para a súa exaltación. A súa talla comercial, de entre 6 e 7 centímetros, conséguese en menos de 24 meses.

A cría e o consumo da ostra atesouran unha longa tradición na ría de Vigo. Existe constancia de que a poboación castrexa colleitaba este bivalvo, e o seu cultivo remóntase á época dos romanos. As dinastías dos Austrias e dos Borbóns apreciaban a calidade deste manxar, que era transportado á Corte do Reino en escabeche dentro de pequenos barrís de madeira; e que, xa no século XIX, se comercializaba en Europa.



XXXVI edición da Festa da Ostra terá lugar os días 5, 6 e 7 de abril, cunha ampla e variada programación que se desenvolverá no Peirao de Arcade.

venres 5 ás 12.00 horas, os asistentes poderán asistir á entrega do galardón á ostreira Isabel Seoane Amoedo. Xa pola tarde, ás 20.00 horas gozar coa animación da charanga A cabeza non para, e desde as 22.30 horas coa música das orquestras Orixe e Marbella.

sábado 6 a partir das 11.00 horas haberá pasarrúas e animación a cargo da charanga Fanfarria Furruxa, desde o centro urbano ata o Peirao. Ás 12.00 horas terá lugar a apertura das casetas de degustación.

Ás 20.00 horas Mekanika Rolling Band será o encargado de animar as rúas de Arcade e ás 22.30 horas comezarán a animación musical coan América de Vigo e A Fórmula. Ás 00.00 horas dará comezo a tradicional tirada de foguetes de arteficio.

A xornada do domingo 7 comezará ás 10.00 horas na rúa do Calvario, cun pasarrúas a cargo da Banda de Música Artística de Arcade e a Banda Cultural de Arcade, e que rematará no Peirao. Ás 11.00 horas terá lugar a apertura das casetas de degusación.

Ás 13.00 horas terá lugar á lectura do pregón, que este ano estará a cargo do escritor e profesor Manuel Lourenzo González. Pola tarde, ás 18.30 horas, os asistentes poderán gozar coa actuación musical de Cantanascroas.


Hora

Consultar (Venres)

Localización

Peirao de Arcade

Lugar Peirao, 16 36690 Arcade Soutomaior

Está pasando!