Visitas escolares a Naturnova en Vigo

lun14setConsultarven25xuñVisitas escolares a Naturnova en VigoCentro Interactivo de Educación Ambiental(Consultar) Naturnova - Vigo

Detalles do Evento

Naturnova é o espazo de educación ambiental de Afundación en Vigo, unha contorna interactiva onde o alumnado aprende ciencia e natureza desde a experiencia. No curso 2026-2027 ofrece estas sete propostas:

«O bosque das catro cores»: 5.º e 6.º de Infantil e 1.º de Primaria · 75 min · máx. 48 participantes

A través desta proposta didáctica, os máis pequenos descubrirán as catro estacións do ano e os cambios que se producen na natureza.

De forma lúdica e sensorial, aprenderán a recoñecer as diferentes condicións meteorolóxicas, a vestimenta axeitada e as transformacións da flora e da fauna na primavera, no verán, no outono e no inverno.

Unha experiencia educativa deseñada para estimular a observación, a curiosidade e a conexión co contorno desde a infancia.

«A curiosidade animal»: 1.º e 2.º de Primaria · 90 min · máx. 65 participantes

A través desta proposta didáctica, os escolares aprenderán a diferenciar entre seres vivos e seres inertes, adentrándose na riqueza do reino animal para distinguir entre vertebrados e invertebrados.

Descubrirán a fauna máis emblemática de Galicia e comprenderán como os seres vivos se relacionan entre si e co seu medio natural.

Ademais, reflexionarán sobre os perigos que ameazan a estes animais e a necesidade urxente de protexelos, fomentando a conciencia ecolóxica e o respecto pola biodiversidade desde a infancia.

«Escapando do espazo»: 3.º e 4.º de Primaria · 90 min · máx. 65 participantes

Os escolares embarcaranse na emocionante aventura de «Escapando do espazo», onde terán que resolver diferentes enigmas e adiviñas sobre o universo, os planetas e as estrelas para superar o desafío.

A través do xogo de escape e do traballo en equipo, porán a proba os seus coñecementos sobre astronomía, desenvolvendo o pensamento lóxico, a curiosidade científica e a resolución de problemas mentres desvelan os misterios do cosmos.

«Desafío Naturnova»: de 3.º de Primaria a Bacharelato · 90 min · máx. 65 participantes

Goza cos módulos interactivos do centro e resolve o desafío que propón Pintafontes.

«Visita complementaria á experiencia Hábitats»: de 3.º de Primaria a 4.º da ESO · 45 min · máx. 65 participantes

Visita complementaria á experiencia inmersiva Hábitats para traballar os temas tratados na experiencia.

Hora

Setembro 14 (Luns) - Xuño 25 (Venres)

Localización

Naturnova

Velázquez Moreno 18-20 , Vigo . 36202 , Pontevedra

Está pasando!