Meditaciónes de cine

Chega o esperado e ansiado primeiro libro de non ficción de Quentin Tarantino

Autor: Quentin Tarantino

Editorial: Reservoir Books

Idioma: Castelán

Número de páxinas: 424

Materia: Arte, cine

Un relato xenial e en primeira persoa de como se fraguou o Hollywood moderno: unha viaxe persoal e íntima polo seu cinema preferido. 

Probablemente, Quentin Tarantino sexa un dos maiores cineastas da historia, pero do que non hai indicio de dúbida é de que estamos a falar do espectador que mellor pode contaxiar a súa paixón entusiasta polas películas que viu. Agora, por fin chega o libro co que tantos anos soñaron el e os seus seguidores.

En ‘Meditaciones de cine’, Tarantino analiza desde os puntos de vista máis insólitos e co seu particular coñecemento enciclopédico varias películas crave do cinema norteamericano dos setenta, todas elas vistas no seu máis tenra infancia (das máis violentas ás máis tórridas), así como revisitadas compulsivamente. O resultado é unha obra tan rigorosa e reflexiva como xoguetona e entretida.

‘Meditaciones de cine’ é, á vez, crítica cinematográfica, teoría do cinema, reportaxe literaria e unhas memorias formidables, á altura de clásicos do xénero como os de Hitchcock e Truffaut ou Luís Buñuel.

Está pasando!