‘Meigas, habelas hainas’ presenta en Pontevedra un musical interpretado integramente en galego

21 Setembro 2026

O sábado 14 de novembro, ás 20:00 horas, chega ao Auditorio Sede Afundación de Pontedra ‘Meigas, habelas hainas’, un musical teatral interpretado integramente en galego, ambientado nunha aldea galega envolta en néboa e lendas, onde a maxia ancestral e a resistencia feminina cobran vida.

A historia xira arredor de Iria, unha nova meiga valente que aínda non comprende de todo o seu poder, e Uxía, filla de pescadores, racional, sensible e fondamente humana.

Ambas, xunto ao seu círculo de meigas –a sabia forasteira Branca, a maternal Maruxa e o espírito brincador da chuvia, Solaina– defenden a súa identidade fronte á hostilidade do pobo e ás escuras obsesións do sacerdote Ramón.

A través de rituais, cancións e chuvias máxicas, as protagonistas enfróntanse ao medo, á traizón e á persecución, mentres forxan lazos de irmandade e esperanza e redescubren o valor da memoria colectiva.

Ao ritmo da tradición galega e de números musicais inspirados en grandes éxitos do teatro, a obra celebra a resistencia, a diversidade e a alegría de vivir, convidando ao público a atopar a maxia na risa, na amizade e na memoria compartida.

Entradas anticipadas á venda dende 19,80 euros en Ataquilla.com

Está pasando!