Memoria de elefanta, a proposta de Memoria histórica para achegar “o pasado” á mocidade de Pontevedra

13 Xuño 2022

  • O programa da concellaría de Xaquín Moreda arranca no Surfing the Lérez cun obradoiro de rap, e continuará no eido do ensino cunha unidade didáctica; do cine cun cineforum documental ou coa elaboración de podcats nos que se explique a memoria

A Concellaría de Memoria Histórica que xestiona Xaquín Moreda presentou esta mañá o proxecto Memoria de elefanta que busca achegar aos públicos de mozos e mozas de Pontevedra “o que aconteceu no pasado”. Para iso empregará dende as canles que lles son propias pola idade como as redes sociais, ou achegarase ao mundo do ensino, do cine… en definitiva, elevar a memoria “aos espazos nos que non se viña traballando”.

Memoria de elefanta “é un sinómino de quen non esquece nada e que ten a capacidade de lembrar o camiño percorrido sen perderse na ruta”, explicaba Xaquín Moreda que sinalou que se “feminiza a expresión para incidir na recuperación da Memoria das mulleres”.

O programa comeza a vindeira fin de semana no Surfing the Lérez co Compás da elefanta que consiste en facer un obradoiro de rap vinculado á memoria histórica. Será o día 24 de xuño sobre as 19.45 horas. Tamén no Surfing haberá un posto de información e merchandising en colaboración coa Mocidade galega pola memoria.

Ademais da participación neste festival, o programa programa a elaboración de contidos para Instagram e Tik-Tok; a creación dunha unidade didáctica para alumnos de ESO e Bacharelato; dous podcats baixo demanda no que participarán os alumnos/as de secundaria e bacharelato dos institutos de Pontevedra.

Memoria de elefanta tamén se achegará ao mundo audiovisual: ao cine para compilar nun catálogo obras de memoria histórica; e habilitará unha canle de Youtube con vídeos curtos para explicar a memoria. Tamén se fará un cineforum documental.

Finalmente completarase o programa cos Roteiros da elefanta cun contido xuvenil e linguaxe máis atractiva para xente moza.

Está pasando!