This is a repeating event

Festa do Corpus Christi en Ponteareas

lun27maiConsultarFesta do Corpus Christi en PonteareasFesta de Interese Turístico Internacional(Consultar: luns) Concello de Ponteareas - Ponteareas

Detalles do Evento

Concello de Ponteareas presentou a nova edición da festa do Corpus Christi para este ano 2024, logo da apertura dos portais o pasado sábado. Unha edición que será a primeira coa distinción de Ben de Interese Cultural outorgado pola Xunta de Galicia, e que chega logo dos recoñecemento de Festa de Interese Internacional.

No acto presentouse o programa, no que destacan actividades como o festival Bailotea, o xoves 16 a desde as 19:00 horas no aparcadoiro Sarmiento Rivera; a exposición fotográfica sobre o Corpus Christi, a partir do sádabo 25 ás 20:00 horas no Auditorio Municipal; ou a primeira edición do Mini DHO Vila do Corpus, o primeiro descenso urbano que se celebra en Ponteareas, o venres 17.

O próximo 25 de maio será o día no que o ponteareán Rogelio Groba ofrecerá o pregón ás 21:00 horas na Casa do Concello e, posteriormente, haberá unha actuación musical a cargo da Orquesta de Cámara de Galicia. Dentro das actividades tamén se atopan a entrega de medallas do Corpus Christi e a ofrenda aos alfombristas, o luns 3 a partir das 19:30 horas.

Ademais, desde o sábado 25 ás 22:30 horas haberá un videomapping, que será proxectado os venres e os sábados de 22:30 a 02:00 horas. Durante a noite do Corpus, o horario estenderase ata as 06:00 horas.

A programación para celebrar o Corpus Christi está ideada para que todos os veciños e veciñas independentemente dos seus gustos ou idade poidan conmemorar a Festa de Interese Cultural e declarada BIC.



PROGRAMA CORPUS CHRISTY 2024

Sábado 11 maio

  • Apertura dos portais alfombristas. Actuación musical. Praza Bugallal

Xoves 16 maio

  • 10:00 h. Alfombra das letras. Praza Maior
  • 19:00 h. Bailotea Festival. Aparcadoiro Sarmiento Rivera

Venres 24 maio

  • 20:00 h. Presentación revista “Pregón” coa actuación musical de Zeus Alfaya e Serghei Masimov. Salón de Plenos.
  • 20:00 h. Actuación do Grupo Folclórico de Padróns. Diversas rúas

Sábado 25 maio

  • 20:00 h. Inauguración da exposición “Corpus en Flor”. Auditorio Reveriano Soutullo
  • 21:00 h. Lectura do Pregón a cargo de Rogelio Groba Otero e actuación musical a cargo da Orquesta de Cámara de Galicia. Casa do Concello

Luns 27 maio

  • 20:00 h. Actuación do Grupo Folclórico de Os Muíños de Oliveira. Diversas rúas

Martes 28 maio

  • 20:00 h. Actuación do Grupo Folclórico de Areas. Diversas rúas

Mércores 29 maio

  • 20:00 h. Actuación do Grupo Folclórico Algazara. Diversas rúas

Xoves 30 maio

  • 20:00 h. Actuación do Grupo Folclórico de Sadeo. Diversas rúas

Venres 31 maio

  • 11:00 h. Inauguración decoración colgante “Corpus Inclusivo”. Praza Maior
  • 17:00 h. Xogos populares. Diante da Casa do Concello
  • 20:00 h. Actuación do grupo Folclórico Pedra da Garza de Fozara. Diversas rúas

Sábado 1 xuño

  • 18:00 h. Inicio da confección das alfombras florais
  • 21:00 h. Recepción de autoridades no Salón de Plenos e percorrido polos portais alfombristas
  • 22:00 h. Música na rúa

Domingo 2 xuño

  • 10:30 h. Recepción de autoridades coa actuación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Casa do Concello
  • 11:30 h. Misa solemne cantada pola Coral do Centro Artístico Sportivo seguida da procesión acompañada pola Banda Cristo de la Victoria de León e Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense
  • 19:00 h. Desfile de carrozas e batalla de flores. Rúas do Centro Urbano
  • 22:00 h. Actuación da Orquestra Assia. Praza Maior
  • 23:00 h. Actuación da Orquestra Galilea. Praza Bugallal
  • 23:45 h. Lanzamento de fogos artificiais

Luns 3 xuño

  • 12:00 h. Actuación de Animart. Praza Bugallal
  • 17:00 h. Inchables. Diante da Casa do Concello
  • 19:30 h. Ofrenda floral In memorian aos alfombristas falecidos. Monumento ao alfombristas
  • 20:30 h. Acto de entrega das medallas de Corpus Christi coa actuación musical de Amancio Prada. Auditorio Reveriano Soutullo
  • 22:00 h. Actuación da Orquestra Combo Dominicano. Praza Maior

Martes 4 xuño

  • 20:00 h. Entrega de premios do I Concurso de Balcóns Floridos. Salón de Plenos

VIDEOMAPING NA FACHADA DO CONCELLO

  • Inauguración sábado 25 maio ás 22:30 h.
  • Os venres e sábados de 22:30 a 2:00 h.
  • A noite de Corpus de 22:30 a 06:00 h.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

  • 15 de maio. De 09:00 a 22:00 h. Campeonato Provincial Escolar de Combate de Taekwondo
  • 17 de maio. Mini DHU ‘Vila do Corpus’. Rúas do Casco urbano
  • Do 20 ao 30 maio. Open tenis ‘Vila do Corpus’. Organiza club de tenis de Ponteareas. A Freixa.
  • 26 de maio. 09:00 h. Clásica Álvaro Pino
  • 6 de xuño. I Trofeo inclusivo de petanca ‘Vila do Corpus’

ACTIVIDADES RELIXIOSAS

  • Sábado 1 xuño

    • 20:00 h. Santa misa vésperas do Corpus Chriti
    • Altar Praza Maior actuación da Coral do Centro Artístico Sportivo
    • Altar Ferreiros Actuación de Os Zoqueiros
    • Altar Ferreiros – San Roque actuación de Gabriel Craciun
    • Altar de la Castiñeira actuación de Saray Martínez Valiño
    • Altar da avenida actuación de Constitución Mauro Cambra González

  • Domingo 2 xuño

    • 8:30 h. Santa Misa
    • 10:00 h. Santa Misa
    • 11:30 h. Santa Misa solemne
    • 12:30 h. Procesión do Corpus Christi
    • 20:00 h. Santa Misa

  • Luns 3 xuño

    • 18:30 h. Santa misa por todas as persoas alfombristas finadas e misa sufraxio por Lorenzo Olarte

  • Do luns 3 ao domingo 9 xuño. Octava do Corpus Christi

    • 19:00 h. Exposición solemne e adoración do Santísimo
    • 20:00 h. Santa misa da Octava


Hora

Consultar (Luns)

Localización

Concello de Ponteareas

Está pasando!