Mercado de flores na Praza da Ferraría | Atlantis Comunicación

O mercado de flores de Todos os Santos contará con 24 postos na praza da Ferraría

22 Setembro 2026

A Concellaría de Promoción Económica de Pontevedra prepara o tradicional mercado de venda de flores con motivo do día de Todos os Santos, que se celebrará os días 30 e 31 de outubro na praza da Ferraría.

As persoas interesadas poderán retirar os impresos os días 5 e 6 de outubro, en horario de 09:00 a 12:00 horas. Este ano as solicitudes para optar a un posto realizarase na Oficina de Administración do Mercado de Abastos (Avenida de Bos Aires, 1º andar), substituíndo á Casa da Luz onde se viña facendo en anos anteriores.

Os postos adxudicaranse por estrita orde de solicitude ata esgotar a dispoñibilidade, e cada solicitante poderá optar a un único posto. Para completar o proceso, tras aboar a taxa de ocupación da vía pública, deberase presentar a solicitude cuberta xunto co xustificante de pago antes do 15 de outubro.

Este trámite poderá efectuarse presencialmente na oficina de rexistro do Concello (Rúa Michelena, 30 – planta baixa) ou a través do rexistro electrónico.

En total ofertaranse 24 postos de distintas superficies: 5 postos de 2 metros cadrados, 10 de 4 metros cadrados, 5 de 6 metros cadrados, 1 de 8 metros cadrados e 3 de 10 metros cadrados.

Unha vez realizada a marcaxe dos espazos na Ferraría, facilitarase o traballo dos vendedores mediante un dispositivo coordinado coa Policía Local para autorizar o acceso dos vehículos de carga e descarga de mercadorías.

Está pasando!