A Guarda énchese de música blues na vindeira fin de semana

16 Xullo 2021

Na vindeira fin de semana, o venres 23 e o sábado 24 de xullo a Praza do Reló da Guarda será o escenario para a primeira edición do festival musical ‘A Guarda Mar de Blues’, co cal A Guarda quere ampliar o seu interese turístico cultural, ofrecendo deste xeito á súa veciñanza e visitantes a oportunidade de ver en directo artistas e bandas de calado internacional dentro do panorama musical do xénero blues.

O pasado xoves 15 de xullo o evento presentouse ante os medios de prensa no Salón de Plenos, contando coa presenza do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; o Concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez; a Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes e o representante da Asociación River Bucks, Óscar Martínez.


Presentación de ‘Aguarda Mar de Blues’ © Concello da Guarda

‘A Guarda Mar de Blues’ nace a partir desa idea, a de facer da Guarda non só un lugar con atractivo turístico e gastronómico, senón tamén cultural, ao redor da música en directo.

O festival terá lugar na Praza do Reló ao pé da torre que formaba parte da antiga muralla medieval que foi reedificada en 1730. Un recuncho máxico onde o Blues, Soul,… farán resoar as súas ancestrais pedras e gozar os días 23 e 24 de Xullo.

Nesta primeira edición será un grupo moi reducido de persoas as que poidan asistir ao evento debido á situación pandémica e que poderán desfrutar en directo de artistas internacionais como Marcos Coll & Javier Turner, The Peter Storm & The Blues Society e  Jay Doe & The Blues Preachers.

Na xornada do venres 23 de xullo ás 20:30 horas realizarase a apertura de portas e os asistentes poderán gozar a partires das 21:00h da música de Marcos Coll & Javier Turnes e The Peter Storm & The Blues Society.

Na xornada do sábado 24 de xullo realizarase unha masterclass ás 12:00 horas a cargo de Marcos Coll, que estará especialmente adicada aos máis cativos e na que poderán aprender a usar unha armónica. Xa pola noite o recinto de concertos abrirá ás 20:30 horas e a apartires das 21:00 horas os asistentes gozarán dos concertos de Marcos Coll & Javier Turnes e de Jay Doe & The Blues Preachers.

O evento é totalmente gratuíto, organizado dende as concellerías de Cultura e Turismo do Concello da Guarda en colaboración con River Bucks Asociación Cultural , Cervezas Alhambra e Hohner Music.

As inscricións están abertas a través do correo electrónico centrocultural@aguarda.es indicando os nomes e apelidos dos asistentes, ás actividades ás que desexen inscribirse e un número de teléfono de contacto.


Póster ‘A Guarda Mar de Blues’

PROGRAMA

Venres 23

  • 20:30 h. Apertura de portas
  • 21:00 h. Inicio dos Concertos de Marcos Coll & Javier Turnes e The Peter Storm & The Blues Society.

Sábado 24

  • 12:00 h. Masterclass a cargo de Marcos Coll
  • 20:30 h. Apertura de portas
  • 21:00 h. Inicio dos Concertos de Marcos Coll & Javier Turnes e de Jay Doe & The Blues Preachers.

Video promocional


SOBRE OS ARTISTAS

MARCOS COLL

Un dos maiores representantes do BLUES nacional e internacional, Fundador xunto a Adrián Costa dos míticos Los Reyes del KO. Músico que colabora con infinidade de bandas gravando discos ou subindo con elas o escenario. Un domador de armónicas e representante da marca Hohner Music, que tocou xunto a lendas do BLUES como: Buddy  Miles, Mick Taylor Buddy Guy, ChuckBerry, Johnny Winter, Robert Cray, John Mayall, Solomon Burke, TheAnimals o los Fabulous Thunderbirds.

JAVIER TURNES

Músico que leva mais de vinte anos nos escenarios, principalmente a fronte da Bakin Blues Band, banda  compostelana que tocou xunto agrandes nomes do blues, soul e rhythm’and’blues como: BarbaraLynn, Bonney Fields, Greg Izor, Edu Bighands, Trudy Lynn, Marcos Coll ou Emilio Arsuaga. Tamén dirixe o festival internacional de blues “Fisterra Blues Experience” co cal o “A Guarda Mar De Blues” está irmanado.

JAY DOE & THE BLUES PREACHERS

Jay Doe é un veterán músico e estudioso do Blues que en 2018 tras anos de andanzas en solitario xúntase cos Blues Preachers, un compendio de experimentados músicos procedentes de bandas como: Dr. Hello, Cool Funeral, The Blues Moonshiners, Booty Sweet, Moon Cresta, The Bluesfellas, Monk BluesBand… “Jay Doe & The Blues Preachers” é puro blues, o cal sempre aderezan cunha dose de Rythm and blues, country e jazz.

Está pasando!