O Gran Triatlón do Comercio chega á Zona Monumental de Pontevedra

7 Agosto 2026

Do 11 ao 14 de agosto, o Casco Histórico de Pontevedra convértese no escenario do Gran Triatlón do Comercio da Zona Monumental.

Unha xincana urbana (a pé e sen dificultade) para toda a familia con mapa do tesouro, obsequios e obradoiros creativos gratuítos para persoas adultas e nenos e nenas.

Só necesitas presentar un tique de compra de calquera importe dun comercio da Zona Monumental de Pontevedra para participar.

Reserva as datas e prepárate para descubrir o comercio local dunha forma diferente!

Máis información e normas da xincana neste enlace.

Está pasando!