Concerto de Marky Ramone en Vilagarcía

mar18ago22:30Concerto de Marky Ramone en VilagarcíaFestas de San Roque 202622:30 Parque da Xunqueira - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

A música de The Ramones soará nas Festas de San Roque da man de Marky Ramone Blitzkrieg. Será o martes 18 de agosto no Parque da Xunqueira de Vilagarcía, con entrada de balde.

O espectáculo, caracterizado por un ritmo frenético e acelerado, céntrase nos éxitos do grupo que compuxo temas iconas dunha época, como o ‘Bliztkrieg Bop’.

Na primavera de 1978, Marky uniuse ao lendario grupo pioneiro de punk rock The Ramones, cos que estivo á fronte da batería durante 15 anos e máis de 1700 concertos.

Sen dar sinais de desacelerar, Marky continúa xirando por todo o mundo coa súa banda, ao tempo que exerce como DJ. Pura enerxía!

Hora

(Martes) 22:30

Localización

Parque da Xunqueira

Rúa García Caamaño, 19, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!