Dez días de festa para celebrar os dez anos do Val Miñor Fest en Nigrán

12 Agosto 2026

  • A edición amplía a súa duración pero mantén a súa esencia coa presencia de preto dun cento de bebidas, 9 marcas, 7 food-trucks, obradoiros infantís, concertos cada noite, sesións beer-mú …
  • ‘Bluemonk’, ‘The Know strangers’, ‘Fanatic Four’, ‘El pelotón de los torpes’, ‘Mr.Fishman’, ‘The liar papers’, ‘Plan de Fuga’ e ‘In the Cisos’ tocarán neste décimo aniversario

O Concello de Nigrán celebra do 13 ao 23 de agosto o décimo aniversario do Val Miñor Fest, evento no esteiro de A Foz adicado á cervexa artesana, ampliándoo a dez días de duración fronte aos catro habituais.

Este aumento non cambia a súa esencia, xa que as ‘birras’ volverán a ser o protagonistas coa presencia de 9 marcas de referencia de toda España (Bubela, Lupia, Orgullo, Toys Brew Co, The One Beer, Tajo Brew, 8º Arte, Madroa e, por descontado, a nigranesa Banda). O maridaxe será posible grazas a sete food-trucks que ofrecerán desde hamburguesas, a comida libanesa, venezolana, alemana, mexicana ou creps.

O carácter familiar do Val Miñor fest, coma sempre, reforzarase con obradoiros infantís polas tardes, xogos populares, música en directo prácticamente tódalas noites, sesións beer-mú, concurso o derradeiro día… Toda a programación polo míudo pode consultarse en nigran.org.

O evento está organizado por ‘La ruta del lúpulo’ coa colaboración do Concello de Nigrán e a cervexeira local Banda.

“Este festival encaixou especialmente ben en Nigrán porque, aínda sendo de cervexa artesana, está pensado para que o poida gozar un público moi familiar, e ademais o municipio é xa un referente neste eido grazas a Banda, fabricante da cervexa ‘Nigran, Equilibrio Natural’ e patrocinador de moitos dos nosos eventos de verán”, destaca o alcalde, Juan González.

Os grupos que tocarán nesta edición son ‘Bluemonk’ no día inaugural (xoves 13 ás 22:00 horas), ‘The Know strangers’, o venres ‘Fanatic Four’ o sábado, ‘El pelotón de los torpes’ o domingo, ‘Mr. Fishman’ o xoves 20, ‘The liar papers’ o venres 21, ‘Plan de Fuga’ o sábado 22 e ‘In the Cisos’ como peche o domingo 23 ás 21:00 horas (o resto dos concertos son ás 22:00 horas).

“Tódalas marcas terán prezos máis baratos que o habitual e haberá para tódolos gustos: cervexa rubia tradicional, suaves ou de máis gradación…”, explican. Como é habitual, degustaranse nun vaso especial conmemorativo desta edición.

Está pasando!