O venres 24 e sábado 25 de setembro no Teatro Afundación de Vigo, Faemino y Cansado presentan o espectáculo ’17 Veces’

21 Setembro 2021

Segundo a tradición Kaon Lin da bimilineraria cultura chinesa, o deus Kuan Lon, a única deidade que vive nunha cantimplora, permite a un ser humano gozar de clarividencia catorce veces nunha vida.

Faemino e Cansado pásanse polo forro a tradición Kaon Lin da bimilenaria cultura chinesa, como outras moitas, e sosteñen que catorce son poucas e que eles xa van por dezasete.

Este novo espectáculo é, sen dúbida, o máis  rupturista da súa traxectoria. Abandonan a sensatez que sempre lles acompañou na súa carreira e lánzanse sen paracaídas a unha piscina medio chea, como diría un optimista.

Galopan por fin sobre un cabalo desbocado e desposúense de calquera  pátina de cordura. (Todo isto son metáforas cuxa función é encher).

O que queda de manifesto en ’17 Veces’ é que  Faemino e Cansado sempre fan o que lles dá a gana e agora, pola súa idade, con máis motivo. Esperamos que rían, que é o que buscan con afán.

Entradas á venda desde 10,80 € en Ataquilla.com

Está pasando!