Mikel Bermejo presenta '¡Eureka!' en Marín

ven06nov20:30Mikel Bermejo presenta '¡Eureka!' en Marínunha viaxe polas marabillas e tolemias da vida moderna20:30 Auditorio de Marín - 36900 Marín

Detalles do Evento

O venres 6 de novembro, o Auditorio de Marín acolle o espectáculo ‘¡Eureka!’, un desternillante e exitoso show do cómico Mikel Bermejo que trae a súa visión dos temas máis candentes da actualidade, facendo unha viaxe polas marabillas e loucuras da vida moderna.

Son lxs influencers os novos filósofos gregos? Danche receitas de 1 ingrediente e dinche que te ergas ás 5 da mañá para facer burpees pero logo eles teñen a cama sen facer.

Quen a liou máis parda de festa? E por que sempre hai alguén con batería no móbil ás 6 da mañá para gravar como saltas entre colectores e caes dentro do amarelo? Alcanzou a estupidez humana o seu cume? Pista: si.

En ‘¡Eureka!’, Mikel Bermejo resolverá estes misterios que quitan o sono tanto a Arquímedes como ao teu veciño do quinto. Non o perdas e ri a gargalladas!

Entradas anticipadas á venda a 13,30 euros en nemoentradas.com

Hora

(Venres) 20:30

Localización

Auditorio de Marín

Avenida de Ourense, s/n

Está pasando!