‘Amal en Ruta’ regresa ao Teatro Principal de Pontevedra co mellor cine árabe do momento, coa muller e a infancia como protagonistas

1 Setembro 2023

Na sua oitava edición, do 4 ao 8 de setembro, proxectaranse cinco cintas as 21:00 horas, con entrada de balde ata completar aforo


O concelleiro de Cultura de Pontevedra, Demetrio Gómez, e o director da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Fernando Méndez presentaron onte a que será a oitava edicion do ciclo de cinema euroarabe ‘Amal en ruta’.

Esta actividade, que tera lugar entre o luns 4 e o vernes 8 de setembro as 21:00 horas no Teatro Principal de Pontevedra, esta organizada entre ambas entidades ten o obxecto de achegar a sociedade arabe a Galicia, rompendo cos estereotipos e ofrecendo unha vision ampla e multidimensional desta cultura tan heteroxenea.

Demetrio quixo iniciar a sua intervencion destacando que “Pontevedra e un fervello durante o veran e quere seguir sendo un fervello a nivel cultural durante o resto do ano. Por iso, aínda que non chegou a Feira Franca, temos que presentar xa a actividade que vai vir despois, que empeza o vindeiro luns, que continúa co Triatlón e con todo o que vos iremos comentando a partir da semana que ven. Pero a esta actividade temoslle especial cariño e por iso estamos encantados de que a Fundación Araguaney traballe con nos e siga lembrando Pontevedra para facer a sua mostra de cinema que nos permite gozar na cidade dunha cinematografía diferente. Neste caso seran cinco longas, – tres ficcións e dous documentais – nas que imos poder ver un cinema comprometido”.


Presentación de ‘Amal en Ruta 2023’ | © Concello de Pontevedra

“O cine arabe e un cine marcado polos procesos históricos aos que se veu sometido o pobo árabe. A colonización que padeceu e aínda a día de hoxe padece. Unha historia marcada tamén pola nosa incapacidade para asumir formas de ver o mundo diferentes e incluso para vivir aquí. Esa forma que temos de tratar as persoas do mundo árabe, seguro que influe na forma en que ven o mundo. Pero ademais, por suposto, isto non e eurocéntrico. Hai unha vision dende o propio mundo árabe, Autoxestionada e autocreada dende a sua cultura e podemos con esta mostra abrirnos a un mundo absolutamente dlferente. A un mundo que e quen de crear a mellor arte: aquela que e quen de partir do proximo, do mais achegado, do local, para transmitir mensaxes universais.

Sobre a imaxe desta edicion, a sandía, o director da Fundación explicou que trala Guerra dos Seis Días, en 1967, Israel prohibiu o uso da bandeira palestina en Gaza e Cisxordania, prohibición que tamén se estendeu as obras dos pintores. Por iso, os artistas palestinos recorreron a sandía [coas cores principais da bandeira palestina] ata que os sionistas a prohibiron despois da primeira intifada en 1987. “A arte pode ser mais polftica que a polftica”, dixo ao Washington Post Khaled Hourani, un artista contemporaneo palestino que vive en Cisxordania, cuxa imaxe ilustra o cartel do ciclo ‘Amal en Ruta Pontevedra 2023’.

O ciclo ‘Amal en Ruta Pontevedra 2023’ volve ser, na sua oitava edición, a gran ponte cultural entre Oriente e Occidente a traves de películas e documentais comprometidos co respecto á dignidade humana e que visibilizan temáticas sobre a muller e a infancia. Consta de cinco longametraxes, todas elas cun considerable reconecemento nos principais festivais de cine internacionais, que supoñen un percorrido polo mellor cine árabe da actualidade.



Luns, 4 de setembro. 21:00 horas. Teatro Principal de Pontevedra

“1982”. Longametraxe de ficción. Oualid Mouaness / 2019/ Líbano, Noruega, Francia e Qatar / 100 minutos.

Verán de 1982, o ano que cambiou O Líbano. Nas aforas da capital, Beirut, a vida permanece en tensa calma, mentres se escoitan explosións e disparos. Con ese telón bélico de fondo, Wissam, un neno de 11 anos, busca unha oportunidade para confesarlle o seu amor a unha compañeira de clase. Tráiler

Oualid Mouaness naceu en Liberia e criouse entre Monrovia e Beirut. A súa carreira cinematográfica está ligada ao cine, a publicidade e aos vídeos musicais. A súa primeira longametraxe como director foi “1982”, película que acabaría sendo seleccionada para representar ao Líbano na 92ª edición dos Premios Óscar en 2020.


Martes, 5 de setembro. 21:00 horas. Teatro Principal de Pontevedra

“The Captains of Zaatari”. Documental. Ali El Arabi / Exipto, Xordania e Reino Unido / 2021 / 73 minutos.

Fawzi e Mahmound son dous amigos sirios que viven en Zaatari, un campo de refuxiados de Xordania. Os dous mozos, que soñan con converterse en xogadores de fútbol profesionais, ven como o seu futuro pode cambiar cando unha academia de fútbol chega a Zaatari coa intención de fichar a novos xogadores. Tráiler

Ali El Arabi é un produtor e director de cine nacido en Exipto. Comezou a súa carreira cinematográfica traballando para a canle de televisión alemá ZDF. No ano 2013 funda a produtora Ambient Light coa que rodaría “The Captains of Zaatari”, a súa primeira longametraxe documental.


Mércores, 6 de setembro. 21:00 horas. Teatro Principal de Pontevedra

“Farha”. Longametraxe de ficción. Darin J. Sallam / Xordania / 2021/ 92 minutos.

Palestina, ano 1948. Farha, unha nena de 14 anos, soña con ir á escola e abandonar a dura vida no campo. Os seus soños acaban saltando polos aires cando un día de maio as forzas de ocupación israelís invaden o seu pobo e cercan o seu domicilio.

Darin J. Sallam é directora, produtora e guionista. De nacionalidade xordana, formouse cinematograficamente en Estados Unidos onde comezaría a súa carreira rodando diversas curtametraxes. No ano 2016 fundou a produtora TaleBox co obxecto de contribuír ao desenvolvemento da industria cinematográfica xordana e árabe.


Xoves, 7 de setembro. 21:00 horas. Teatro Principal de Pontevedra

“Mayor”. Documental. David Osit / Estados Unidos e Reino Unido / 2020/ 89 minutos

O documental “Mayor” segue os pasos de Musa Hadid, alcalde de Ramallah, capital de facto e centro cultural do estado palestino. Musa trata de deseñar e construír a cidade do futuro sen perder de vista a súa misión final: poñer fin á ocupación de Palestina.

David Osit é un director de cine criado nos suburbios de Nova York. En 2012 rodou “Building Babel”, película que deu inicio a unha carreira cinematográfica fortemente vinculada ao xénero documental. En 2020 rodaría “Mayor”, o seu filme máis ambicioso ata a data, co que conseguiu un notable recoñecemento de crítica e público.


Venres, 8 de setembro. 21:00 horas. Teatro Principal de Pontevedra

“You resemble me”. Longametraxe de ficción. Dina Amer/ Exipto, Francia e Estados Unidos / 2021/ 94 minutos.

Quen era Hasna Aït Boulahcen? “You Resemble Me” conta a historia desta moza criada nos suburbios de París cunha vida marcada polos abusos, a pobreza e a marxinación. Unha espiral de autodestrución que acabaría desembocando nun dos episodios máis dolorosos da historia recente de Francia. Tráiler
Dina Amer é directora, produtora e xornalista. Naceu e creceu en Estados Unido, pero a súa familia é orixinaria de Exipto.

Os seus primeiros pasos foron da man de medios como The New York Times, CNN e VICE. Anos máis tarde cambiaría a pluma pola cámara para acabar rodando a película “You Resemble Me”, estreada no 78º Festival Internacional de Cine de Venecia.

Está pasando!